InicioLugo e contornaLugoPrevén que as obras do primeiro centro integral de saúde de Galicia...

Prevén que as obras do primeiro centro integral de saúde de Galicia conclúan o próximo ano

O modelo estenderase a outras localidades galegas, como Lalín, Vigo e Ourense.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a titular de Infraestruturas, Ethel Vázquez, visitaron este luns as obras do primeiro centro integral de saúde que a Xunta de Galicia programa sobre as ruínas do vello hospital de Lugo, no barrio da Residencia, e que concluirá o próximo ano.

Segundo informaron, trátase do “primeiro centro integral de saúde” de Galicia, un modelo que se estenderá a outras localidades galegas, como Lalín, Vigo e tamén Ourense.

A conselleira de Infraestruturas destacou que “as obras están a pleno rendemento”. “É o primeiro centro integral de Galicia para que os cidadáns teñan un equipamento de vangarda, de calidade, aquí en Lugo”, destacou.

Os traballos “están ao 30 por cento do grao de execución, demolicións feitas, a cuberta tamén está realizada”, detallou. “E estamos a actuar agora na tabiquería, no pladour, e resta o máis complicado que é a instalación e todo o que é a sala do 061 e a previsión é que conclúan as obras en 2022”, abundou a conselleira de Infraestruturas.

Vázquez recoñeceu que “a pandemia condicionou a evolución destas obras, o seu rendemento e a disposición de material, e por tanto en 2022 Lugo contará cun centro integral de Saúde de vangarda”.

O investimento supera os 12 millóns de euros para un centro que funcionará como unha PAC para toda a cidade de Lugo, con 30 consultas, ademais de hospital de día psiquiátrico, e contará, entre outros servizos, cos de ginecología, de fisioterapia e a base do 061.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...