InicioSucesosA máis de 160 quilómetros por hora nun tramo limitado a 70

A máis de 160 quilómetros por hora nun tramo limitado a 70

Ocorreu na LU-546 (Nadela-Monforte), pero o turismo foi interceptado no Polígono industrial do Ceao.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home veciño de Lugo, de 36 anos, está a ser investigado por un delito contra a seguridade vial tras detectar a Garda Civil que este circulaba a 163 quilómetros por hora por un tramo limitado a 70. Foi na estrada LU-546 (Nadela – Monforte), dentro do termo municipal de Lugo.

Os feitos ocorreron pasadas as 9 da mañá do pasado 30 de maio, cando un cinemómetro da Garda Civil captou un vehículo que ía dirección Nadela a máis do dobre da velocidade permitida. Daquela, a patrulla e outros efectivos da Garda Civil iniciaron un seguimento do turismo.

Foi localizado, finalmente, no polígono industrial do Ceao e foi identificado polos axentes. Ao constituír os feitos unha infracción penal, solicitouse a presenza do Equipo de Atestados do Subsector de Tráfico e instruíronse as correspondentes dilixencias policiais. Os feitos foron remitidos ao Xulgado de Instrución de Garda de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Comezan as obras de mellora na estrada que une Lugo con Ponte Ombreiro

A Deputación de Lugo vén de iniciar este venres os traballos de rehabilitación dun...

O encontro Detrás dos Mestre Mateo reivindica Lugo como “centrop de creación cultural”

A deputada de Cultura Iria Castro reivindicou Lugo como “centro de creación cultural” no...

O PSdeG leva ao Pleno da Deputación a defensa da Residencia das Gándaras

O Grupo Provincial Socialista defenderá no vindeiro Pleno da Deputación de Lugo, que se...

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...