InicioSociedadeDeteñen outro home presuntamente implicado na violación da Fervedoira

Deteñen outro home presuntamente implicado na violación da Fervedoira

A Policía Nacional xa detivera outro varón o pasado sábado polos mesmos feitos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron un segundo home implicado na suposta violación que se produciu esta fin de semana nun domicilio particular da zona da Fervedoira, na cidade de Lugo.

Por mor da denuncia presentada pola presunta vítima, os axentes xa detiveran o pasado sábado a un home duns 50 anos.  Na mañá deste luns produciuse o segundo dos arrestos, tal como informaron a Efe fontes policiais.

A investigación policial “foi avanzando” e das probas solicitadas e dos testemuños recollidos nas últimas horas despréndese a posible participación nos feitos do home arrestado esta mañá, dunha idade ao redor dos 40 anos, que compartía domicilio co primeiro detido.

Da investigación fíxose cargo o Xulgado de Instrución número 3 de Lugo, especializado en casos de violencia de xénero, que decretou o secreto de sumario. Está previsto que ambos detidos pasen na tarde deste luns ao dispor da autoridade xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...