InicioSociedadeO Concello de Lugo considera "satisfactoria" a reunión mantida con Adif e...

O Concello de Lugo considera “satisfactoria” a reunión mantida con Adif e a Xunta pola intermodal

O edil de Urbanismo Sostible agradeceu a colaboración de todas as partes e avanzou que esperan ter o proxecto definitivo no prazo de "dous ou tres meses".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo cualifica de “altamente satisfactoria” a reunión mantida hoxe, 5 de marzo, entre os técnicos de Adif, Xunta e Concello para presentar os avances do proxecto de construción da estación intermodal.

Ao encontro tamén acudiu o persoal da UTE adxudicataria da construción da Intermodal,  así como os resposables do proxecto construtivo da estación de autobuses e o propio responsable de Urbanismo Sostible.

En palabras do edil de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, “houbo gran colaboración entre todas as partes”. Couto explicou que “Adif presentou unha proposta de proxecto técnico para a nova infraestrutura que o persoal da administración autonómica acolleu con moita receptividade ao considerar que encaixa coa actuación que prevén para a futura estación de autobuses”.

PROXECTO DEFINITIVO “EN 2 OU 3 MESES”

Esta comisión de traballo manterase no tempo para seguir avanzando no proxecto, co obxectivo de que “no prazo de dous ou tres meses” se poida ter a proposta definitiva para a estación.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...