InicioSociedadeA Policía Nacional auxilia unha menor de Lugo cuxa nai non estaba...

A Policía Nacional auxilia unha menor de Lugo cuxa nai non estaba “en condicións” de coidala

A nena alertou de que estaba a recibir mensaxes "ameazantes e inxuriosas", polo que tiña medo de acudir ao domicilio familiar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional asistiron a unha menor que se atopaba en situación de desamparo porque tiña medo de acudir á súa casa en Lugo e atopar a nai, que non estaba “en condicións” de coidala.

Segundo relatou a Policía Nacional, unha nena menor de idade chamou á Comisaría e relatou que súa nai lle estaba enviando mensaxes de audio por teléfono con contido “ameazante e inxurioso”.

A patrulla achegouse á zona do domicilio para asistir a rapaza, que “estaba asustada e tiña medo de acudir á casa”.Un dos policías quedou con ela, mentres o resto de axentes se dirixiron ao domicilio da nai para comprobar e verificar os feitos.

Así pois, comprobaron que esta “non se atopa en condicións de coidar a menor nin a ela mesma”, polo que solicitaron a presenza do 061, que decidiu o traslado da muller ao HULA para o seu tratamento. Á súa vez, os axentes levaron a nena ata dependencias policiais.

PROTOCOLO

A Policía Nacional seguiu, daquela, o protocolo de protección a menores. En primeiro lugar informouse de todo o acontecido ao fiscal de Menores para, posteriormente, dar conta ao Técnico do Menor, especialista da Xunta de Galicia, quen determina onde se traslada a menor para que teña un lugar onde pernoitar.  Realizadas estas xestións, é a Policía Autonómica quen se responsabiliza do traslado dos menores.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...