InicioCulturaA Orquestra da Cámara Luguesa arrinca o seu primeiro ciclo de concertos...

A Orquestra da Cámara Luguesa arrinca o seu primeiro ciclo de concertos este domingo

Será mañá, día 16, ás 19:00 horas, nas instalacións de Caldiae Factoría Cultural.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Orquestra da Cámara Luguesa estréase esta fin de semana na cidade co seu primeiro concerto. Será este domingo 16, ás 19:00 horas, nas instalacións de Caldiae Factoría Cultural (praza Viana do Castelo, 4).

No evento, para o que se poden adquirir entradas nas billeteiras de Codex Cinema, soarán pezas como Rapsodia Galega (Xoán Montes), Divertimento en RE (W.A.Mozart), Suite a la Antigua (Andrés Gaos) e Danzas rumanas (Bela Bartok).

Será a mellor presentación da Orquestra da Cámara Luguesa, que xurdiu da “necesidade de crear unha oferta musical e didáctica na provincia de Lugo, ante a escaseza de orquestras nas que os estudantes de música poidan pór en práctica os coñecementos adquiridos”. Segundo explican, un dos seus obxectivos é ‘enganchar’ a xente á música culta.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...