InicioSociedadeDetido un home que perseguía menores en Lugo para ofrecerlles cartos a...

Detido un home que perseguía menores en Lugo para ofrecerlles cartos a cambio de relacións sexuais

Un lucense de 40 anos está a ser investigado por un delito de indución á prostitución de menores. Os feitos ocorreron na zona da Fonte dos Ranchos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron un home lucense, de 40 anos, por un delito de indución á prostitución de menores. Xa tiña antecedentes por feitos similares.

Segundo relatan fontes policiais, o pasado día 3 de febreiro, o individuo achegouse a un menor e ofreceulle cen euros a cambio de servizos sexuais. O menor rexeitouno de inmediato e ausentouse do lugar.

Con todo, o home seguiu ao menor de maneira reiterada pola Fonte dos Ranchos, zona onde se produciron os feitos. Así as cousas, o agora denunciante comunicoulle aos seus proxenitores o que sucedía e mesmo chegou a amosarlles de que persoa se trataba.

REINCIDENTE

Máis tarde, procederon a realizar a correspondente denuncia en dependencias policiais, de maneira que se iniciaron as investigacións pertinentes que deron como resultado a detención deste home. Sobre o individuo xa constaban antecedentes por feitos similares, tal como asegura a Policía. De todo isto informouse á Autoridade Xudicial, ante a que se pon a disposición o agora detido.

ÚLTIMAS

Traballadoras da limpeza dea Lugo protestan ante o Parlamento pedindo a mediación da Xunta

Traballadores do sector da limpeza de Lugo trasladaron a súa protesta este martes ás...

Xaneiro, a data para poñer en marcha os servizos do centro integral de Saúde en Lugo

O conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña avanzou en sede parlamentaria a posta en...

Interceptan en Lugo a un home circulando sen permiso de condución

A Policía Local de Lugo interceptou este luns a un home que circulaba pola cidade e...

A Deputación de Lugo traslada á Plataforma Pro Residencia de Becerreá a súa “vontade” de abrir o centro canto antes

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, reuniuse este luns no Pazo...