InicioSociedadeAvanzan os trámites para o desdobramento da Avenida Infanta Elena

Avanzan os trámites para o desdobramento da Avenida Infanta Elena

O Concello recibiu o informe favorable ao proxecto de expropiación de terreos, que será sometido a votación en Xunta de Goberno. Esta obra, xa comprometida no anterior mandato socialista, prevé dous carrís de circulación en cada sentido, carril bici e anchas beirarrúas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de Urbanismo do Concello de Lugo xa dispón do informe favorable ao proxecto de expropiación, elaborado por Evislusa, para o desdobramento da Avenida Infanta Elena.

O concelleiro de Urbanismo, Miguel Couto, explicou hoxe que este trámite posibilitará o traslado do documento á xunta de goberno local para a súa aprobación inicial. Trala súa exposición pública durante un mes, permitirá materializar as expropiacións e comezar a acometer as obras, segundo indicou o edil.

EXPROPIACIÓN DE TERREOS PARTICULARES

Miguel Couto lembrou que Urbanismo vén traballando neste proxecto dende o anterior mandato, logo de asinar coa Deputación un convenio para o financiamento desta obra. O obxectivo destas actuacións, di, é o de mellorar as condicións de seguridade e mobilidade para os vehículos, para os ciclistas e para os peóns. Para poder realizar esta invervención, viron necesario establecer un ámbito de expropiación forzosa no tramo comprendido entre a rotonda de Albeiros (Rolda Norte) e a intersección coa Avenida de Paulo Fabio Máximo.

O proceso de expropiación afectará a unha superficie aproximada de 2.779’04 metros cadrados, aínda que se establecerá un ámbito de ocupación temporal das parcelas debido ao desenvolvemento de obra pública sobre unha superficie aproximada de 2.662’65 metros cadrados. O custo total estimado para estas expropiacións é de 132.639’30 €, sinalou.

DETALLES DA OBRA

Unha vez se finalicen as obras, esta avenida presentará dous carrís de circulación en cada sentido, con itinerarios peonís accesibles en ambas marxes, carril bici e a humanización da contorna. Miguel Couto continou coa explicación: “disporá de servizos de abastecemento, saneamento e iluminación pública, tendo en conta a situación actual e as demandas futuras como pode ser o desenvolvemento de solo urbano non consolidado e solo urbanizables previstos no PXOM”.

O concelleiro trasladou tamén que o proxecto inclúe a creación de beirarrúas dunha anchura de 4’05 metros, formadas por bordo e baldosas de laxa hidráulica. Ao seu carón, colocaranse árbores, báculos de iluminación e sinalización viaria.  “Desta maneira acadaremos que os peóns disfruten de tres metros libres de circulación”, amais de “contar con elementos de sombra, papeleiras e mesmo bancos que posibiliten o seu descanso”, engadiu Couto.

Así será a nova Avenida Infanta Elena tralo desdobramento

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...