InicioSociedadeO centro de día Antonio Gandoy comeza o ano cunha nova empresa...

O centro de día Antonio Gandoy comeza o ano cunha nova empresa adxudicataria

O Concello asegura que non se deu ningún tipo de incidencia co transporte, tal como criticaban onte dende o PP.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A nova empresa adxudicataria do centro de día Novo Antonio Gandoy, OHL Servicios Ingesan Sapor, comezou onte a prestación do servizo.  Segundo o Concello de Lugo, e ao contrario do que denunciaba no día de onte o PP, non se deu ningún tipo de incidencias

Este mesmo 3 de xaneiro, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a concelleira  de Benestar Social, Olga López Racamonde, achegáronse ata as instalacións para coñecer de primeira man como foron os dous primeiros días de servizo. Segundo comentou a concelleira, a empresa cumpriu con todos os requisitos esixidos, ao igual que co servizo de transporte. Os vehículos adaptados chegaron hoxe, pero onte os usuarios e usuarias puideron facer uso dun eurotaxi que puxo á súa disposición a empresa. “A adxudicataria mandoulles unha carta con tempo suficiente para avisarlles desta alternativa para onte”, aclarou a edil.

DESMINTEN CRÍTICAS DO PP

Con estas palabras, desminten as críticas vertidas onte polo grupo municipal do PP, cuxo voceiro sinalaba os supostos “incumprimentos” de contrato cos que iniciaba o ano a empresa adxudicataria. Entre outras, indicaban a falta de transporte para os beneficiarios do centro ou a falta de uniformes e material informático.

A edil socialista afeoulles que “fagan denuncias sen antes estar informados”, porque “lonxe de desenvolver con criterio o seu traballo de fiscalización, o único que fan con mentiras é crear malestar e preocupación entre os usuarios”.

AS NOVIDADES PARA O CENTRO DE DÍA

En canto ás melloras incluídas no contrato con esta empresa, atópase a oferta dun vehículo adaptado máis, así como o aumento de actividades para os usuarios.

A empresa atende os módulos de prestacións sociais, de atención xeriátrica-rehabilitadora e de atención á saúde psicofísica e dietética, ademais do aseo e o coidado persoal diario dos usuarios e usuarias. O servizo inclúe, tamén, o apoio necesario para a mobilización das persoas usuarias a fin de manter un nivel de funcionalidade e de interacción social adecuado, á parte do desenvolvemento de actividades de ocio, culturais e creativas e as vinculadas coa socialización e participación.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...