InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo inicia os traballos para o control de horarios...

O Concello de Lugo inicia os traballos para o control de horarios dos funcionarios municipais

Recollerán as pegadas dixitais dos empregados para implantar un sistema de control horario.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada pola concelleira que se ocupa da área de Gobernanza, Paula Alvarellos, anunciou este venres o inicio dos traballos para recoller as pegadas dixitais dos funcionarios municipais, co obxectivo de implantar un sistema de control horario.

A rexedora local tamén informou de que o Concello acaba de aprobar un novo regulamento interno que permitirá reducir á metade os protocolos de tramitación interna, o que á súa vez redundará nunha maior axilidade en “todos os procedementos administrativos”. Segundo o seu criterio, “permitirá homoxeneizar os procesos administrativos e reducir á metade os máis de 225 protocolos de traballo existentes”, precisou.

“O obxectivo é ser máis operativos, mantendo a seguridade xurídica e legal”, engadiu a alcaldesa, pero “mellorando tamén os índices de transparencia”.

“Ademais deste novo regulamento, que afecta a todos os departamentos do Concello, hoxe mesmo asinarei un novo decreto, máis específico, para impulsar especialmente esa optimización de recursos na área de Gobernanza, Economía e Recursos Humanos”, aclarou.

É unha área que comprende servizos de gran demanda como contratación, fomento e patrimonio, facenda local, inspección de tributos e persoal.

ÚLTIMAS

O Arde Lucus ofrecerá este ano máis de 320 actividades do 12 ao 15 de xuño

Lugo prepárase para o Arde Lucus, a que é por terceiro ano consecutivo festa...

Os túneles de Doncos e Cereixal, na A-6, permanecerán cortados durante tres noites esta semana por obras

O Ministerio de Transportes realizará cortes de tráfico durante as noites deste martes, mércores e xoves...

Pillan en Lugo a un ciclista que cuadriplicaba a taxa de alcol

Axentes da Policía Local interceptaron nunha avenida da cidade de Lugo a un ciclista...

O TSXG suspende de forma cautelar as autorizacións para construír tres parques eólicos en Lugo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) decretou a suspensión, de forma cautelar, das autorizacións...