InicioSociedadeAprobadas as obras para a construción do novo colexio do Sagrado Corazón

Aprobadas as obras para a construción do novo colexio do Sagrado Corazón

O importe da contratación é de 45.000 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprobou as obras de infraestrutura para a inmediata construción do novo colexio do Sagrado Corazón. A contratación terá un custo previsto de 45.000 euros.

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo (BNG) , deu conta deste asunto en rolda de prensa, onde estivo acompañado da edil de Benestar Ana G. Abelleira (PSOE). Este paso suporá, segundo dixo, o impulso necesario para que a Xunta poida levar adiante o proxecto de edificación deste centro.

VISITA AO PARQUE INFANTIL DE TRÁFICO

Por outra banda, Rubén Arroxo e Felipe Rivas -concelleiro de Educación- visitaron o Parque Infantil de Tráfico, da man do seu director, José Luís Machado. Durante este mes están a se celebrar alí cursos de verán para un cento de nenos e nenas. O obxectivo desta actividade é inculcar na rapazada condutas seguras como peóns e usuarios de transporte.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...