InicioSociedadeCondenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

O acusado, que chegou un acordo coa Fiscalía, recoñeceu uns feitos nos que foi unha atenuante o trastorno mental que padece.

PUBLICADA O

- Advertisement -

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con aleivosía do seu pai, José V. V., co que convivía, e ao que disparou na cabeza en xaneiro de 2024. O home, que leva en prisión provisional desde o día dos feitos, deberá cumprir integramente os 8 anos de prisión que lle impón o acordo ao que chegou coa Fiscalía.

Os feitos tiveron lugar no domicilio familiar, na localidade de Entreambasaguas, onde ambos residían, e o disparo efectuouno, “de forma sorpresiva” cunha escopeta para a que tiña licenza. A ferida foi na cabeza e causou a morte instantánea.

A vítima, de 76 anos de idade, estaba casado e tiña, ademais do autor dos feitos, outras dúas fillas, pero ningunha delas solicitou unha compensación económica en concepto de responsabilidade civil.

No establecemento da pena de C.V.V. influíu como agravante o feito de ser un familiar, mentres que foi unha eximente incompleta o estado psíquico do autor, que fora diagnosticado con anterioridade de trastorno afectivo e no momento dos feitos detectóuselle un episodio depresivo moderado/grave sen síntomas psicóticos polo que tivo que ser ingresado no HULA tras o sucedido. Despois do cumprimento da pena, C.V.V. terá outros 5 anos de liberdade vixiada e retirada do permiso de armas durante 10 anos.

ÚLTIMAS

Unha muller morta e cinco persoas afectadas tras un incendio nunha vivenda en Pas de Reis

Unha muller de 51 anos perdeu a vida e outra cinco persoas resultaron afectadas,...

Santa Bárbara, a virxe que tamén protexe contra Altri e os “poderes económicos e políticos”

O Cura de Xestoso oficiou este domingo unha misa na Capela de Santa Bárbara,...

O Concello de Lugo tallará dous tilos da Avenida Ramón Ferreiro polo “elevado risco de caída” tras un informe técnico

O Concello de Lugo anunciou que procederá á tala de dous tilos na Avenida...

Protesta cidadá en Parga pola falta de médicos durante o mes de decembro

Veciños e veciñas de Guitiriz, xunto coa corporación municipal, concentráronse este venres fronte ao...