InicioLugo e contornaGuntínInvestigados seis traballadores que querían eliminar toneladas de xurros de maneira ilegal...

Investigados seis traballadores que querían eliminar toneladas de xurros de maneira ilegal en Guntín

Dáse a circunstancia de que, ademais de desfacerse dos residuos de forma ilegal, pretendían facelo nun espazo polo que discorre un regato. Para iso, estaban a empregar maquinaria pesada: unha retroexcavadora e dous camións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil abriu dilixencias de investigación con respecto a seis persoas, traballadores de tres empresas, que foron sorprendidos cando trataban de desfacerse ilegalmente de toneladas de xurros, enterrándoas nunha leira en Guntín.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, efectivos do PACPRONA de Lugo sorprenderon aos investigados cando se atopaban realizando traballos de extracción do xurro e procedían a verterlo en dous grandes ocos escavados no terreo dunha leira, que logo ían tapar.

Dáse a circunstancia de que, ademais de desfacerse dos residuos de forma ilegal, pretendían facelo nun espazo polo que discorre un regato. Para iso, estaban a empregar maquinaria pesada: unha retroexcavadora e dous camións.

Os investigados, que xa foron postos a disposición xudicial, son empregados dunha empresa de escavacións e obras, outra de transportes, e unha Sociedade Agraria de Transformación (SAT) de gando vacún, de onde procedían os xurros.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...