Home Lugo e contorna Castroverde As 320 probas realizadas no cribado de Castroverde dan todas negativas tras un foco familiar

As 320 probas realizadas no cribado de Castroverde dan todas negativas tras un foco familiar

0
As 320 probas realizadas no cribado de Castroverde dan todas negativas tras un foco familiar
Proba PCR | EFE/ENRIC FONTCUBERTA

A aparición dun brote de covid-19 en Castroverde, vinculado a unha reunión familiar e relacionado con outro que foi detectado no municipio veciño de Lugo, levou ao Sergas a realizar nos últimos días un cribado entre a poboación dese concello, para detectar casos asintómaticos e cortar canto antes as cadeas de transmisión.

Segundo a información facilitada por fontes do Sergas a EFE, foron sometidos a probas PCR durante o fin de semana un total de 320 persoas dese municipio e en todos os casos o resultado foi negativo.

Inicialmente, foron detectados once positivos no municipio, aínda que o xerente da área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares explicou que non se produciu un “incremento explosivo de casos”, senón que foron “aparecendo” novos positivos.

Nestes momentos, a incidencia da covid-19 no municipio de Castro supera os 250 casos por cada 100.000 habitantes.

En todo caso, Ares precisou que a evolución dos brotes detectados en Castroverde e Lugo é “estable”, dado que están “acoutados” e o Sergas “segue traballando neles para cortar as cadeas de transmisión”.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here