InicioPolíticaO PP apura o PSOE de Castroverde para que non desatenda a...

O PP apura o PSOE de Castroverde para que non desatenda a limpeza de pistas

O voceiro dos populares no municipio, Rubén Otero, acusa o goberno de manter parado un tractor que lles concedeu a Xunta mentres as estradas están "cheas de maleza". O alcalde (PSOE) asegura que os labores de roza xa comezaron e que se incrementarán dentro de quince días.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os labores de roza da rede de estradas é un dos asuntos máis utilizados para facer oposición nos concellos máis pequenos. No caso de Castroverde tamén é así. Alí, o grupo municipal do PP acusa o goberno de manter “parado” un tractor que lle concedeu a Xunta “mentres as pistas están cheas de maleza“. O rexedor local, Xosé María Arias (PSOE), réstalle importancia a esas críticas e asegura que xa hai un vehículo funcionando para limpar as beiras das estradas, á espera de que se aumente o persoal dentro dun par de semanas.

O voceiro do PP de Castroverde, Rubén Otero, aféalle ao alcalde a “desidia” e “vagancia” por “ter parado o tractor que lle entregou a Xunta o pasado ano”.  Otero non entende que o Concello teña este vehículo “morto de risa” mentres “nalgunhas pistas as silvas dan nos coches”. Considera que isto “tamén é despilfarrar e desaproveitar os cartos públicos”, en referencia aos 90.000 euros que desembolsou a Administración para dotar o Concello deste tractor.

“Hai camiños, pistas e mesmo estradas nas que circular é unha odisea: son unha selva. Todo iso cando non teñen por que estar así, xa que os medios témolos. Só falta a vontade do alcalde para que os poña a traballar”, insiste o popular.

ARIAS: “XA HAI UN TRACTOR TRABALLANDO”

Pola súa parte, o alcalde castroverdés, Xosé María Arias (PSOE), non ve fundamento nas críticas da oposición. Asegura que os labores de roza xa se iniciaron estes días coa axuda dun tractor e explica que, dentro de dúas semanas, poderase aumentar o traballo ao incorporarse dúas persoas máis ao cadro de persoal. Será entón cando se poñan a funcionar os tres tractores cos que conta o Concello, di Arias.

Para defenderse das acusacións dos populares, alega que o tractor está en “perfecto estado” e que, ademais, un dos vehículos que lles deu a Xunta hai tres anos “ten preto de 2.000 horas de traballo”. “Penso que non está nada mal”, engade Arias, ao tempo que di que dende o Concello se está a cumprir perfectamente co que manda Medio Rural.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...