InicioMedioambiente e PatrimonioAdvirten do perigo estrutural da ponte que une Castroverde co Corgo

Advirten do perigo estrutural da ponte que une Castroverde co Corgo

O BNG reclama a limpeza do río para evitar danos irreversibles nunha ponte que xa tivo que ser reconstruída – Os temporais afectaron tamén ao estado da Vía Romana XIX

PUBLICADA O

- Advertisement -

Debido á acumulación de ramallada e restos de árbores, a ponte sita entre as parroquias de Fonteita (O Corgo) e Tórdea (Castroverde) pode estar en risco. É a valoración que fixo a parlamentaria Olalla Rodil, do Bloque Nacionalista Galego, trala inspección visual realizada canda os voceiros locais da formación o pasado venres. Ao respecto do material acumulado nos arcos da ponte, o representante nacionalista no Corgo, Mario Outeiro, declarou que “pode crear un efecto encoro, a presión da auga podería danar seriamente a estrutura da ponte”.

A ponte situada entre as parroquias de Fonteita e Tórdea está preto da vía romana XIX que tamén sufriu importantes danos debido ás torrenciais chuvias. Ademais de servir de comunicación entre as dúas parroquias e facilitar o acceso ás fincas do entorno, a ponte afectada serve coma lugar de paso para numerosas persoas que practican o sendeirismo na zona. O BNG de Castroverde demandou recentemente o acondicionamento da Vía Romana que transita pola parroquia de Tórdea.

O BNG de Castroverde reclamará o arranxo da Vía Romana XIX

As chuvias torrenciais dos últimos días desfixeron completamente o tramo da Vía Romana que unía Braga e Astorga ao seu paso por Castroverde e tamén os camiños da zona. O arrastre dos materias areosos deixou intransitables os camiños e provocou a acumulación de materiais no percorrido do río Tórdea. É por iso que dende o Bloque reclaman a limpeza inmediata do leito para evitar danos irreversibles nunha ponte que xa sufriu desperfectos con anterioridade e tivo que ser reconstruída

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación incrementa o patrocinio para o Caudal Fest reforzando a proxección turística de Lugo

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres o contrato de...

O Concello de Lugo aprobará o proxecto dunha residencia de anciáns no barrio de Recatelo

A xunta de goberno de Lugo aprobará o vindeiro luns o proxecto para a...

Un incendio activo en Lugo xa arrasou dúas hectáreas

A parroquia lucense de Orbazai, no lugar de Penarrubia, rexistra este xoves un incendio...

O Concello de Lugo entrega licenza de primeira ocupación do Polígono 2 da Louzaneta

O Concello de Lugo entregou o primeiro título de primeira ocupación correspondente ao Polígono...