InicioLugo e contornaLugoO ministro astronauta que aterrou en Lugo defendendo a importancia da investigación

O ministro astronauta que aterrou en Lugo defendendo a importancia da investigación

Pedro Duque asegura que "polas naves espaciais estase máis cómodo que nun Congreso dos Deputados cheo de xente insultando".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, nun mitin en Lugo, non escondeu “non” saber como funcionan este tipo de “reunións” e deixou caer ao comezo da súa intervención que “polas naves espaciais estase máis cómodo que nun Congreso dos Deputados cheo de xente insultando”.

Non se puido escoller mellor escenario para este enxeñeiro aeronáutico e astronauta que o salón de actos do Instituto Lucus Augusti, o instituto “máis antigo de Galicia”, cheo con máis de 300 persoas.

Desde a perspectiva dos Consellos de Ministros asegurou que nestes dez meses deron mostras de “credibilidade e deser un valor seguro”. “Non sei si haberá moita xente aquí que este aquí esperando a que o convenzamos ou se xa estades todos convencidos. Non se como funciona isto das reunións estas”, chanceaba ante un auditorio rendido que non puido reprimir as risas.

QUE A ECONOMÍA CREZA

Pero a continuación trasladou “que se ides por aí e dinvos que o Goberno socialista gastou o diñeiro que non había e que vai deixar a España na ruína están a mentir”. “Eu estiven sentado en todos os Consellos de Ministros e non nos deixaron gastar un duro que non houbese. A ministra de Economía, mírame a min para facer as políticas como propugnan os mellores economistas de ciencia e innovación para que a economía non só se manteña agora, senón que creza no futuro”, sinalou.

Da mesma formas sentenciou que “se ides por aí e alguén vos di que estes señores se venderon aos independentistas, que non. Tamén é totalmente mentira”, clamou entre aplausos. “Xamais no Consello de Ministros falouse de facer ningunha cesión que non estea contemplada nas leis e na Constitución”, recalcou.

Pedro Duque estivo precedido polo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, que apelou a que “non se pode quedar ningún voto progresistas en casa” o 28 de abril, ante a “involución social” que atribúe ao “tres dereitas” de facerse co goberno central.

Tamén interviñeron a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, para pedir o voto polo PSOE, dado que, interpretou, “a Lugo vaille ben cando gobernan os socialistas”.Ademais participaron no mitin a candidata ao congreso por Lugo, Ana Prieto, e o secretario provincial Álvaro Santos que reivindicou o idioma galego. “Non podemos consentir ningunha ameaza ao galego“, proclamou.

Á entrada, medio centenar de traballadores de Ence protestaron portando distintas pancartas e coreando consignas contra Pedro Sánchez e Pedro Duque. ‘Sánchez escoita ou monte esta en loita’, corearon, ata que axentes da policía nacional fíxoo saír da contorna do instituto para continuar as súas protestas enfronte do Lucus Augusti.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia comeza o seu mandato retirando unha bandeira palestina e reuníndose con representantes do persoal municipal

A popular Elena Candia arrincou a súa nova etapa como alcaldesa de Lugo e...

O “equipo” de Candia: sete tenentes de alcalde e María Reigosa como non adscrita

O novo goberno municipal de Lugo presidido por Elena Candia xa está en marcha....

Candia, alcaldesa de Lugo: o PP volve despois de vinte e sete anos cunha moción de censura polémica

A ata agora portavoz local do PP, tamén líder do partido na provincia, Elena...

Lugo acolle este sábado a V Edición da Carreira e Andaina Solidaria Camiñando polo Dano Cerebral

Esta madrugada pechouse con 450 persoas participantes a inscrición na 5ª edición da Carreira...