InicioLugo e contornaLugoA repartición de publicidade levou a informar sobre a 'xuíza do tarot'

A repartición de publicidade levou a informar sobre a ‘xuíza do tarot’

O presidente da Audiencia Provincial de Lugo informou ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do reparto de publicidade por parte da suposta xuíza vidente

PUBLICADA O

- Advertisement -

A repartición dos pasquíns que anunciaban citas con “tarotista e vidente” motivou o informe sobre a xuíza titular de Vixilancia Penal número 3. Así o confirmou a Europa Press o presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela Agrela. Dende esta institución alertouse ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia logo de coñecer “por múltiples vías” o reparto de publicidade por parta da suposta xuíza vidente.

Coma xa fixera o xoves, El Progreso publicou este venres a descrición dunha sesión de tarot coa xuíza. Con todo, despois de transcender a información, a persoa que responde ao teléfono de contacto que aparece nos pasquíns é un home que se identifica como o seu “empregado de fogar”, e atribúese as sesións de cartas do tarot.

O departamento de Acción Disciplinaria do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), informado polo TSXG, abriu este xoves dilixencias informativas para determinar se a xuíza exercía esta actividade.

A apertura destas dilixencias informativas constitúe un paso previo que deberá determinar se se arquiva o caso ou se incoa un expediente disciplinario. Na tramitación deste proceso practicaranse actuacións para “determinar a veracidade dos feitos”, o cal inclúe, segundo explicaron as fontes xudiciais, solicitar a postura da xuíza afectada.

 

AVOGADOS E FISCALÍA

Os avogados de Santiago xa remitiron queixas contra a xuíza en 2012 por asistir ás vistas cun gato, mentres que o Colexio de Avogados de Lugo atópase á espera da evolución das dilixencias informativas, pero non recibiran ningunha queixa formalmente.

Por outra banda, a súa actividade á fronte do xulgado de Vixilancia Penal causara malestar entre algúns avogados. E segundo confirmaron fontes do Ministerio Público, “o traballo da área de vixilancia penal da Fiscalía de Lugo incrementouse de forma notable desde finais de 2016”, data na que María Jesús García Pérez asumiu o novo destino.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...