InicioEconomíaMorre Jesús Lence, o gran empresario lácteo de Lugo

Morre Jesús Lence, o gran empresario lácteo de Lugo

O empresario creara un consello de administración coa vista posta na continuidade dun grupo eminentemente faliliar, aínda que está por ver se algún dos seus fillos se queda con todo o grupo ou se divide en partes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O empresario lucense Jesús Lence, dono de Leite Río e Leyma, faleceu na noite do venres aos 79 anos de idade, segundo confirmaron a Europa Press fontes dunha das súas compañías.O seu corpo permanece no tanatorio das Gándaras, Serfuja, en Lugo, á espera de que se celebre o funeral e o enterro, previsiblemente este domingo.

Lence morreu sobre as 22,30 horas do venres no Hospital Polusa, afectado dunha grave enfermidade que o afectaba desde facía tempo. A pesar diso, continuaba á fronte das súas empresas, aínda que nos últimos tempos creou un consello de administración coa vista posta na continuidade dun grupo eminentemente familiar.

Fontes do sector consultadas por Europa Press sinalan que se abre agora un escenario “complicado” para o sector lácteo, tendo en conta que Leyma (con planta de produción en Arteixo e de envasado en Lugo) é a que presenta maior valor engadido e non así Leite Río, con “sobredimensión de produción” e litixios co Concello de Lugo pola licenza de obra, no polígono do Ceao.

Está por ver se algún dos fillos de Lence queda con todo ou parte do grupo e, no caso de que só sigan con algun apartado da actividade, quen se fai co resto.

O propietario de Leite Río foi coñecido polas súas declaracións polémicas en momentos de crises no sector, como cando arremeteu en 2015 contra as organizacións agrarias e espetou que os que estaban “a montar”, con tractoradas, “é porque lles gusta ir de festa e non polos baixos prezos” que recibían os gandeiros en orixe.

CIFRAS

Grupo Leite Río presentábase en 2012 como a empresa láctea que procesa máis leite de Galicia, á súa vez a comunidade produtora máis importante de España, onde se produce o 40% do total. Aproximadamente o 17% do leite recollido en Galicia nese ano foi recollida polo grupo, segundo destaca na súa páxina web.

O volume de vendas no ano 2013 foi de 226,7 millóns de euros, un 15% máis que o 2012 e un volume en litros comercializados de case 400 millóns, un 1,5% máis.

PÉSAME DO MUNDO EMPRESARIAL

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) trasladou o seu pésame pola perda de Jesús Lence, a cuxa familia e amigos envía as súas “condolencias e agarimo”.

En concreto, mandou o seu “máis sentido pésame pola perda dunha persoa e empresario irrepetible en Lugo, exemplo fundamental de como a aposta pola riqueza e os recursos propios da provincia pode transformarse nunha industria forte, xeradora de riqueza e emprego”.

O conselleiro delegado da CEL, Eduardo Valín, e o secretario xeral da organización, Jaime López, subliñan ademais o seu “agradecemento persoal e en nome de todos os que forman parte da Confederación de Empresarios de Lugo polo apoio que Jesús Lence sempre prestou a esta organización, a través do seu consello asesor e de forma continuada no tempo”.

“A súa aposta pola entidade, pola unión dos empresarios e polo desenvolvemento do tecido empresarial forte na provincia de Lugo conforman un legado difícil de imitar e repetir, que deixa un sinal que perdurará no tempo”, sinala a nota de prensa.

Tamén a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) manifestou a súa “profunda consternación” polo falecemento do propietario de Leite Río e Leyma, das que destaca que conformaban “o maior grupo lácteo galego”.

A patronal galega traslaou o seu “máis sentido pésame e agarimo” á súa familia e achegados. “O apoio de Jesús Lence tanto á CEG como á Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), foi clave nos asuntos de especial e maior relevancia empresarial en Galicia desde hai máis de dúas décadas”, resalta.

Ademais, a CEG valora o “papel fundamental que desempeñou o empresario como xerador indiscutible de riqueza e emprego na provincia de Lugo en particular e en Galicia en xeral, así como a súa gran aposta pola innovación no sector gandeiro, imprescindible para a economía lucense”.

Tamén reivindicou o seu “enorme compromiso e implicación cos asuntos de índole social e deportiva na comunidade, como o demostra, neste último caso e entre outras accións, a do patrocinio histórico do CB Breogán e do Club Básquet Coruña”.

XUNTA DE GALICIA

A Xunta tamén lamentou este sábado o falecemento do empresario, ao que valora como “unha figura irrepetible para o desenvolvemento económico e deportivo de Galicia”.

A través dun comunicado, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, transmitiu as condolencias do Goberno galego “a toda a familia do tecido empresarial e deportivo de Galicia, especialmente á súa familia lucense”.

Jesús Lence, destaca o secretario xeral, “foi un gran emprendedor, unha persoa que conseguiu formar con traballo e dedicación un grupo lácteo galego de referencia e desde aí decidiu ser un dos mecenas máis importantes do deporte galego, apoiando e patrocinando equipos debaloncesto, fútbol ou automobilismo en toda Galicia”.

“Jesús Lence demostrou que o patrocinio privado da actividade deportiva é unha fórmula de éxito”, a xuízo de Lete Lasa. Leite Río foi galardoada en 2013 en Ourense coa Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia pola súa contribución ao desenvolvemento do deporte.

ÚLTIMAS

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...

A alcaldesa de Lugo agradece a inclusión do Museo da Romanización nos Orzamentos da Xunta

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mostrou a súa satisfacción pola inclusión dunha partida...

A montaña de Lugo amence con neve e temperaturas inferiores a -2

Comarcas do leste galego, nas provincias de Ourense e Lugo, anotaron nas últimas horas...

A Deputación premiará con 1.600 euros ás mellores fotos das Reservas de Terra do Miño e Os Ancares

A Deputación de Lugo abriu xa a incripción ao VIII Concurso de Fotografía de...