InicioLugo e contornaO PP de Lugo nega estar paralizando as residencias para maiores promovidas...

O PP de Lugo nega estar paralizando as residencias para maiores promovidas pola Deputación

A portavoz do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, incidiu en que soamente o "xulgado" pode paralizar este proceso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz do PP na Deputación de Lugo e alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, negou este venres que o Partido Popular estea “a paralizar a apertura de residencias” para maiores que promove o goberno provincial.

Así replicou á acusación do presidente da institución provincial, Darío Campos, que culpou aos populares de tratar de “bloquear” esta apertura a través da sociedade do chan, Suplusa, de cuxo consello de administración non participan nin socialistas, nin nacionalistas e que está presidida polo deputado non adscrito, Manuel Martínez.

Candia incidiu en que soamente o “xulgado” pode paralizar este proceso, para seguidamente esgrimir que “terían que explicar á poboación porque, tendo todos os permisos e o persoal seleccionado, por que non teñen as residencias abertas, porque iso é realmente o quid da cuestión”.

A presidenta do PP lucense tamén asegurou que, con respecto ás residencias, “hai unha armazón montada de difícil desmonte, pero non por culpa do grupo provincial do Partido Popular, senón porque entre eles non se entenden e iso terano que aclarar”.

Ademais, Candia adiantou que o seu grupo “seguirá traballando polos dereitos dos traballadores (que no seu día foron seleccionados), porque están agora cun novo proceso selectivo en marcha para seleccionar persoal para as residencias cando hai outro proceso cunhas persoas que aprobaron que nada se sabe”.

Elena Candia apelou a que “o despropósito das residencias ten moitos responsables, pero non é o partido que gobernou os últimos doce anos esta institución”.

“Ante a incapacidade que seguen demostrando ata a data non queren abrir as residencias e quérenlle botar a culpa a alguén. Nós non torpedeamos absolutamente nada, pero o que é unha realidade é que as residencias desde marzo do 2018 podían estar abertas con todos os permisos, as obras rematadas, amobladas, e por razóns que descoñezo decidiron non abrilas”, afeou finalmente.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...

A Deputación destina 750.000 euros a formación dixital para zonas en risco de despoboamento

A Deputación Provincial de Lugo anunciou a posta en marcha do proxecto 'E para...