InicioLugo e contornaLugoPolémica en Lugo polos radares de control de tráfico

Polémica en Lugo polos radares de control de tráfico

O PP está interesado en que funcionen e di que os catro da cidade non funcionan tras ter información reservada de funcionarios municipais e policías locais, cos que o concello mantén un conflicto laboral.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular denunciou que os catro radares instalados en vías urbanas da cidade de Lugo levan “aproximadamente uns vinte días” sen funcionar, desde que “expirou” o prazo da “revisión meteorolóxica” que teñen que pasar obrigatoriamente estes aparellos para a súa correspondente homologación.

Ao ser preguntado por esta circunstancia, o portavoz do goberno local, Miguel Fernández, quixo restar importancia a esa situación e asegurou que, simplemente, “cando caduca a homologación” dos radares, os aparellos teñen que ser sometidos a un proceso de verificación por parte o “Organismo de Verificación Autonómica”.

Non quixo, en todo caso, explicar cuantos radares están nestes momentos apagados á espera de que se confirme a homologación porque, segundo outras fontes do goberno municipal, trátase de “información reservada”, cuxa difusión pode provocar situacións de perigo no que se refire á circulación viaria.

“Estamos ao tanto, por mor de falar cos técnicos municipais e con responsables da Policía Local, de que a día de hoxe, parece ser, non están en activo. Están a ser sometidos a control e á revisión meteorolóxica” que precisan estes aparellos para a súa homologación, explicou o portavoz do PP, Antonio Ameijide.

Desde o seu punto de vista, o que está a suceder non é “máis que outra proba”, outra “evidencia máis do descontrol e da descoordinación” na que está sumido o goberno local de Lugo. “Non é lóxico que todos os radares da cidade estean desconectados á vez”, engadiu, porque o normal sería “ilo graduando e ter prevista esta situación”.

“Isto é como pasar a ITV dun coche. Os radares teñen que pasar unha proba periódica, pero Lara Méndez non é capaz nin de coordinar esa revisión periódica, probablemente polo desmantelamento que o goberno socialista ha levado a cabo da Policía municipal e dos Bombeiros no últimos vinte anos”, dixo Ameijide.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...