InicioLugo e contornaLugoLugo, capital literaria da gastronomía galega

Lugo, capital literaria da gastronomía galega

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo foi o escenario elixido para presentar o ‘Dicionario da comida galega, do abadexo á zorza‘, de Xabier Rodríguez Baixeiras, que recolle unha ampla listaxe de produtos gastronómicos galegos, cunha reseña sobre a súa importancia histórica para as distintas formas de vida en Galicia, tanto na costa como no interior.

No acto de presentación desta obra participou o deputado provincial de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde; o director de Aira Editorial, César Lorenzo Gil; o director de Engaiolarte Edicións, Xan Carballa, e o propio autor.

Vidal Baamonde destacou que este libro pode ser un “importante elemento de promoción da gastronomía lucense”, dado que inclúe entre as súas páxinas apuntas a “alimentos típicos da provincia de Lugo”.

Presentación na Deputación de Lugo de Dicionario da comida galega, do abadexo á zorza, de Xabier Rodríguez Baixeiras / Deputación de Lugo

Lembrou que “os produtos da provincia son un valor en alza que contribúe a impulsar” o desenvolvemento económico e a atraer “cada vez a máis visitantes”. Precisou, nese sentido, que o dicionario dedica varios espazos aos produtos lucenses que teñen selo de calidade ou que pertencen a unha Indicación Xeográfica Protexida ou unha Denominación de Orixe.

Figuran así produtos moi recoñecidos como a Pescada do Petisco, de Celeiro, ou o Bonito de Burela, na costa de Lugo; mentres que no interior destaca o Butelo da Fonsagrada, a Androlla de Navia ou o Pemento de Mougán. Tamén fai referencia ás catro denominacións de orixe que teñen os queixos lucenses, aos distintos tipos de pan, aos viños da Ribeira Sacra ou aos licores e augardentes de Portomarín

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Lugo efectúa traballos de conservación en ventás arqueolóxicas

Nas últimas semanas, o Concello levou a cabo tarefas de limpeza, restauración e selado...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...