InicioSociedadeLugo queda sen o novo Xulgado do Social, que si terá Santiago

Lugo queda sen o novo Xulgado do Social, que si terá Santiago

O delegado do Goberno, Javier Losada, xustificou a proposta "definitiva" sobre o Xulgado do Social pola "carga de traballo"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Xustiza rectificou a proposta inicial e dotará a Santiago de Compostela dun novo Xulgado do Social, mais Lugo quedará sen a sede que demandaban institucións, asociacións profesionais e axentes sociais. Así o confirmou o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, quen explicou que a decisión “definitiva” está motivada “pola carga de traballo”.

A marcha atrás do Goberno, porén, deixa na mesma situación a Lugo. E faino contra o criterio da comisión mixta –da que participan a Xunta de Galicia e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia–, o Consello da Avogacía Galega, o Colexio Provincial de Avogados de Lugo e as centrais sindicais, nomeadamente a Confederación Intersindical Galega (CIG).

Esta reclamación transversal iniciouse o pasado xoves, logo de que o Goberno comunicara á administración galega a creación de unidades xudiciais en Vigo e A Coruña, sen atender o déficit de Santiago de Compostela e Lugo. O delegado do Goberno reaccionou contra as palabras do vicepresidente do executivo galego, Alfonso Rueda, aclarando que “aos maxistrados e aos letrados dos xulgados quen os financia é o Estado”.

Sobre a decisión final do Ministerio, que deixa a Lugo sen o cuarto Xulgado do Social, Losada afirmou que “a Xunta sabe perfectamente como é a metodoloxía para adxudicar xulgados en cada comunidade autónoma”, precisando que “está perfectamente regulada e desenvolvida co Consello Xeral do Poder Xudicial”. Así, o delegado gubernamental xustificou a ausencia da sede “de acordo ás cargas de traballo”, malia a postura da comisión mixta, que adoita ser respectada.

Segundo os datos do Colexio de Avogados, as tres instancias do social de Lugo reciben 1.150 asuntos anuais. Isto supón unha sobrecarga do 145 por cento, afectando a catro mil lucenses. Losada responsabilizou dos retrasos á folga da xustiza, apuntando contra os responsables da Xunta. “Esta gran carga de traballo que levará moitos anos, de acordo ao que din os propios xuíces, en resolverse”.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...