InicioMovementos sociaisO BNG reivindica un xulgado específico de violencia de xénero para Lugo

O BNG reivindica un xulgado específico de violencia de xénero para Lugo

A formación pedirá na Comisión Provincial contra a Violencia de Xénero a reclamación conxunta dun xulgado específico en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego procura a implicación da cidadanía de Lugo para a creación dun xulgado específico para a violencia de xénero, con espazos propios e persoal especializado. A fronte presentou este mércores a campaña, que se estenderá durante os vindeiros meses, co soporte da máxima representante dos nacionalistas, Ana Pontón.

En compañía da edil Maite Ferreiro e maila parlamentaria lucense Olalla Rodil, a voceira do Bloque sinalou a necesidade de que Lugo conte coa dotación xudicial especializada para atender os numerosos casos de agresións machistas na provincia. Este plantexamento será trasladado á Comisión Provincial contra a Violencia de Xénero, constituída esta mesma semana, para que todos os actores involucrados apoien a creación do xulgado específico.

Ferreiro xustificou a importancia deste órgano de coordinación porque “pode ter peso suficiente” para demandar, “co respaldo de todas as institucións e entidades representadas na Comisión”, unha sede que contribúa a combater dende Lugo, e con todos os medios legais dispoñibles, a lacra da violencia de xénero. Así, a concelleira nacionalista avanzou que enviarán “unha proposta concreta e un relatorio de todas as xestións que levamos feito ante as diferentes institucións” de cara á petición conxunta.

Explican dende o BNG que trasladarán á comisión outra petición para que a Xunta de Galiza desenvolva a norma autonómica 11/2007, para a prevención e tratamento integral contra a violencia de xénero. “Esta lei galega recolle medidas máis avanzadas” ás reflictidas no pacto de estado, sinalou Ferreiro, quen asegurou que a administración galega “debe comprometerse a dotar de partidas económicas necesarias os orzamentos para poder desenvolver esta norma, e así tentar efectivizar todos os obxectivos da mesma”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...