InicioSociedadeO presidente do TSXG suxire en Lugo cambios legais contra a ocupación

O presidente do TSXG suxire en Lugo cambios legais contra a ocupación

O máximo responsable do Tribunal Superior, Miguel Anxo Cadenas Sobreira, aposta por "cambiar a norma" para combater a ocupación ilegal de vivendas

PUBLICADA O

- Advertisement -

As protestas das Gándaras recibiron este luns a primeira resposta institucional. O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Anxo Cadenas Sobreira, suxeriu na capital lucense cambios legais para frear máis eficientemente a ocupación ilegal.

Este fenómeno ten especial incidencia en Lugo, cidade onde un de cada cinco inmobles está baleiro como resultado dun programa de urbanismo expansionista iniciado a comezos dos noventa. O episodio máis recente é o das Gándaras, barrio que viviu a ocupación ilegal de catro vivendas, e que se mobilizou para evitar outra acción semellante. Outras zonas afectadas son as da Residencia e A Milagrosa.

PPdeG

O máximo responsable do alto tribunal galego explicou que “a resposta xudicial ten que ser o máis inmediata posible”, mais advertiu de que o prioritario é o respecto ás normas legais. Por iso, “se son insuficientes ou revelou a realidade que hai un problema que a norma non cobre suficientemente, o que hai que facer é cambiar a norma”.

Malia suxerir este cambio lexislativo, Cadenas insistiu sobre a acción xudicial en casos coma o das Gándaras en que “o que non se pode ordenar” sería “un desaloxo sen a cobertura legal”. O proceso debe seguir a canle estipulada, e non cabe actuación “sen unha resolución xudicial firme que ordene o desaloxo, xa sexa en vía penal, xa sexa en vía civil”.

As declaracións do presidente do TSXG foron realizadas durante a constitución da Comisión Provincial de Violencia de Xénero de Lugo, que ten por misión a mellora do sistema de protección das vítimas.

A xestión das vivendas ocupadas divide a esquerda de Lugo

+ posts

ÚLTIMAS

Un incendio activo en Lugo xa arrasou dúas hectáreas

A parroquia lucense de Orbazai, no lugar de Penarrubia, rexistra este xoves un incendio...

O Concello de Lugo entrega licenza de primeira ocupación do Polígono 2 da Louzaneta

O Concello de Lugo entregou o primeiro título de primeira ocupación correspondente ao Polígono...

En marcha o Programa de Activación para a Transferencia do Campus Terra

A USC vén de poñer en marcha o Programa de Activación á Transferencia do...

O Concello de Lugo esixe a Adif a apertura inmediata ao tráfico da rúa Conde Fontao

As obras de reurbanización da rúa Conde Fontao están integradas dentro do proxecto de...