InicioPolíticaEleccións xerais o 28 de abril: o mundo ao revés en Lugo

Eleccións xerais o 28 de abril: o mundo ao revés en Lugo

A singularidade do escenario político en Lugo ofrece perspectivas ben distintas para as forzas en liza na cidade dada a proximidade entre comicios

PUBLICADA O

- Advertisement -

As forzas con representación na corporación de Lugo recibiron a convocatoria anticipada das xerais con criterios ben distintos. Existe unha clara división entre o enfoque local e outro máis amplo. Na alcaldía, confianza no tirón electoral de Pedro Sánchez. Nos actores con menos que perder, optimismo por un escenario incerto. Os máis inquedos, aqueles que máis dependen dos temas que atinxen á cidade.

No Bloque Nacionalista Galego, a expresión máis repetida é a de “oportunidade”. A fronte experimentou retrocesos en 2015, aínda que mellorando os prognósticos máis pesimistas. É por iso que reciben a apertura dun “novo ciclo” instalados nunha “onda de ascenso” e situándose como alternativa “real”. Definen o escenario como o “momento de grandes debates”, e avisan de que “o Bloque vai estar aí”. O grupo local ve nun eventual aumento da representación nacionalista en Cortes como positiva para Lugo, porque “vale máis un deputado do Bloque coas mans libres para negociar a favor dos galegos e das galegas, que vinte e tres subordinados”.

Rubén Arroxo | Óscar Bernárdez
Intervención no pleno de Rubén Arroxo, candidato do BNG | Óscar Bernárdez

Pola contra, a percepción do adianto electoral en Lugonovo é bastante negativa. Esperaban máis da lexislatura, polo que consideran a convocatoria anticipada un “fracaso”, como será tamén un desafío a procura de “puntos de encontro” e o “interese xeral”. O solapamento das campañas “pode condicionar moito o proceso local”, en termos de rexeitamento e desafección do electorado. Así mesmo, hai inquedanza por como afectará aos resultados electorais, porque os temas e a gobernabilidade no marco das xerais terán “traslación” no eido municipal “aínda que sexan circunstancias distintas”.

No gabinete da alcaldía a norma é o positivismo. En privado as expectativas están altas e confían en que a cidadanía observe nos últimos doce meses un cambio de marcha. Malia ter a maquinaria a máximo rendemento, a agrupación socialista recoñece a “excepcionalidade” dos comicios do 28 de abril e o 26 de maio. Mais confían en que a renovada confianza no Congreso dea imaxe de estabilidade e axude en Lugo. “Non temos medo ningún aos procesos electorales”, insisten, porque terán a oportunidade de amosar o proxecto perante a cidadanía.

Olga Louzao, voceira de Ciudadanos | Óscar Bernárdez

Tamén na dinámica estatal enfocan o anuncio de eleccións en Ciudadanos, onde consideran que remata “un período de inquedanza” e ábrese un proceso de “futuro” que beneficiará en conxunto. A formación entende que abril é a mellor data “se non podía ser antes”, algo que en principio non afectará ao calendario previsto. Admiten estar preparados con antelación e hai ilusión polo resultado que esperan en Lugo, o baluarte laranxa en Galicia.

Non o ven así na bancada do Partido Popular, pois preferían unha data posterior. Saben que o escenario das xerais dará visibilidade a forzas da dereita que, sen necesidade de implantación, poden medrar en Lugo se dan a imaxe de alternativa en Madrid.

ÚLTIMAS

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...

Rescatan unha muller ferida tras envorcar co seu coche en Guntín

Unha muller resultou ferida e acabou atrapada tras envorcar o seu coche no municipio...