InicioSociedadeAlerta laranxa este xoves por choivas na montaña de Lugo e no...

Alerta laranxa este xoves por choivas na montaña de Lugo e no sur da provincia lucense

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia activou para este xoves a alerta laranxa por choivas na montaña de Lugo e Ourense, así como no sur da provincia lucense. Segundo confirman nun comunicado, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informou da situación a través do 112 aos concellos das provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntaros de Protección Civil e a clubs náuticos, entre outros.

En base á información da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a alerta actívase este xoves por precipitacións acumuladas nunha hora de 30 milímetros. Debido á alerta, a Comisión Escolar decidiu suspender as actividades escolares no exterior xa para este mércores entre as 13.00 e as 00.00 horas, en tres zonas. Así, están os da  Montaña de Lugo, con 14 concellos afectados (Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela).

Tamén está afectado o sur de Lugo, con 11 municipios  (Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober e Taboada) e Montaña de Ourense, con 19 localidades afectadas (O Bolo, Carballeda de Valdeorras, O Castro de Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives,  Riós, San Xoán de Río, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso e Xunqueira de Espadanedo).

Ademais, a Secretaría Xeral para ou Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes tamén acordou a suspensión este xoves da actividade deportiva federada e do programa Xogade no interior, excepto os deportes náuticos e acuáticos federados, nas zonas afectadas pola alerta.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo comunica a disposición para recibir parcialmente a urbanización no polígono 1 e 2

O Concello de Lugo deu un paso decisivo para culminar a regularización urbanística dos...

A cova de Eirós e outras do oriente foron refuxios climáticos para neandertais e sapiens

Unha nova investigación no xacemento arqueolóxico da Cova Eirós, en Triacastela permitiu profundar no...

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

Ratifican a absolución para un acusado de agresión sexual a un menor do que descoñecía a súa idade

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...