InicioEconomíaA Granxa Experimental do sector lácteo colle forma

A Granxa Experimental do sector lácteo colle forma

O primeiro centro de investigación láctea da provincia sitúase nos terreos públicos da Granxa Gayoso Castro, canda o centro de recría da Deputación

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Campus Terra está máis preto de ver realizado o devezo da Granxa Experimental, o tan desexado nexo entre a universidade e o sector lácteo. O primeiro centro de investigación láctea da provincia é cofinanciado pola Deputación, con 1,3 millóns de euros, e a Universidade de Santiago de Compostela, con outros 750.000. A representación institucional achegouse este luns a Castro para comprobar o avance das obras.

Durante a visita, o presidente provincial, Darío Campos, apuntou á necesidade dun centro destas características polo peso do sector lácteo en Lugo. A provincia conta con preto de tres mil seiscentas explotacións, que xeran o 18 por cento do emprego. A provincia lidera a produción leiteira en Galicia e España con máis de 1,2 millóns de toneladas anuais.

Así, a Granxa Experimental suporá “un salto cualitativo na docencia e na investigación de parte das titulacións universitarias impartidas no campus de Lugo, ligadas coa gandería e o sector primario”, en palabras de Campos. A granxa posibilitará tamén implantar un robot de muxido e probar un innovador sistema de pastoreo.

En compañía da vicerreitora do Campus Terra, Montserrat Valcárcel, e o deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, o presidente da Deputación asegurou que o ente provincial aposta polo “grande potencial humano” do campus lucense, onde un de cada catro grupos de investigación traballan en avances vencellados á produción láctea. Na Granxa Experimental poderán desenvolver os seus proxectos os investigadores e estudantes de Veterinaria, Enxeñería Agroalimentaria ou do Máster de Leite, para a posterior aplicación nas explotacións.

Á beira do centro de recría

USC

Campos valorou asemade a idoneidade da situación do centro de investigación, na Granxa Gayoso Castro. Con 130 hectáreas, o complexo público de Castro conta co primeiro centro de recría público de gando vacún de leite en España. Proxectado e construído pola Deputación, hogano serve a 600 novillas de 50 explotacións da provincia, dentro dunha capaacidade máxima de case 3.000 reses. O ente provincial calcula que o centro de recría, inaugurado en xuño, revertirá na provincia uns beneficios anuais de 3 millóns de euros.

Ata a entrada en servizo da Granxa Experimental, os alumnos do Campus Terra seguirán a realizar as prácticas na unidade de leite. No momento do traslado, que estaba previsto para 2018, profesionais e estudantes pasarán a Castro, mentres que a actual unidade de leite será transformada previsiblemente en nave de recría de rubia galega, en colaboración con Acruga.

O obxectivo da Deputación era estrear a Granxa Experimental en 2018 cocincidindo coa visita da European Association of Establishments for Veterinary Education (EAEVE). A comisión do organismo europeo avaliou a excelencia académica e revalidou a acreditación internacional da Facultade de Veterinaria. Logo de certos problemas coa concesionaria, a Universidade conta con estrear o centro a comezos do curso 2019/20

As instalacións do centro de investigación comprenden cinco estruturas, repartidas en 4.400 metros cadrados. Ademais das naves e silos industriais, terá espazo para 40 alumnos na aula, e 20 investigadores e docentes no laboratorio. En total, a Granxa Experimental de Leite do Campus Terra contará con 30 hectáreas no predio de Castro.

A Aula de Lácteos de Lugo potencia alimentos indicados para pacientes con cancro

ÚLTIMAS

Unha colisión frontal en Láncara deixa varias persoas feridas

Unha colisión frontal entre dous vehículos deixou varias persoas feridas leves en Láncara durante...

O PP de Lugo rexeita as acusacións do PSOE contra Elena Candia

O PP de Lugo respondeu con "absoluta rotundidade" ás "graves acusacións" do PSOE lucense...

O PSOE de Lugo esixe a dimisión de Elena Candia tras o arquivo da “Operación Polbo”

O PSOE de Lugo reclamou este sábado “responsabilidades políticas” á vicepresidenta do Parlamento e...

Saída de vía en Pantón deixa catro persoas feridas

Un total de catro persoas resultaron feridas tras saírse da vía co seu vehículo...