InicioCulturaA Aula de Lácteos de Lugo potencia alimentos indicados para pacientes con...

A Aula de Lácteos de Lugo potencia alimentos indicados para pacientes con cancro

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta) desenvolve alimentos hospitalarios coa capacidade de mellorar a saúde dos doentes de cancro

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta) do Campus de Lugo está a desenvolver alimentos de uso hospitalario para mellorar a saúde dos doentes de cancro. O programa de nutrición médica conta con fondos europeos e a colaboración co Instituto de Investigación do Hospital Universitario de La Paz de Madrid (IdiPaz) e o Instituto Tecnolóxico da Industria Agroalimentaria (Ainia). 

A implicación da Aplta no programa de novos alimentos nutricional e sensorialmente apropiados para enfermos oncolóxicos (Alinesoc) céntrase nos procedementos tecnolóxicos e sensoriais. Os ingredientes necesarios nutricionalmente para a elaboración deste tipo de alimentos poden derivar en imprevistos á hora de implantar o proceso de fabricación do produto a escala industrial.

Os compoñentes empregados para a elaboración deste tipo de consumibles hospitalarios acaídos para mellorar a saúde alimentaria dos doentes oncolóxico son obxecto de secreto industrial; na meirande parte trátase de proteínas de orixe vexetal e ácidos graxos omega-3  e omega-6, segundo indican na Aplta.

Exterior da Aplta

Recibida a receita e a correspondente composición dos alimentos encargados polo laboratorio farmacéutico, os técnicos da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias realizan, nos laboratorios do centro universitario, diferentes probas tecnolóxicas que permiten testar os ingredientes adaptados aos requirimentos das diferentes dietas oncolóxicas, ao tempo que avalían o efecto destes procesos industriais sobre as características finais do alimento.

O panel de cata da Aplta analiza características parámetros dos produtos resultantes, o que se coñece coma análise sensorial, analizando o sabor, viscosidade ou a estabilidade dos alimentos, tanto no momento da súa fabricación como ao longo da súa vida útil.

Para o desenvolvemento destas actuación, o Laboratorio de Propiedades Físicas da Aplta da USC conta con equipamentos tecnolóxicos que permiten analizar a viscosidade e a estabilidade de fases ao longo da vida útil destes alimentos de uso exclusivamente hospitalario. As persoas que integran o panel de cata da Aplta analizan nunha fase posterior as características a nivel sensorial dos produtos desenvolvidos.

Planta piloto da Aplta

Definidos os ingredientes que mellor se adaptan ao deseño do produto a nivel nutricional, tecnolóxico e sensorial, as instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC acubillan tamén ensaios a escala semi-industrial na planta piloto. Este tipo de procedementos permite predicir o comportamento do produto no posterior escalado industrial.

Superados xa todos estes desenvolvementos de carácter tecnolóxico, a empresa dispón do deseño e estudo de vida útil completa de cada un dos produtos desenvolvidos. Deste xeito, é posible levar a cabo estudos clínicos que confirman a idoneidade das diferentes dietas para a mellora da saúde dos pacientes con cancro.

A primeira empresa de análise sensorial de España expándese dende Lugo

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte xa está aquí

Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá...

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...