InicioSociedadeA Policía Local de Lugo intensifica a vixilancia por un vertedoiro ilegal...

A Policía Local de Lugo intensifica a vixilancia por un vertedoiro ilegal en Coeses

Os axentes investigan varios depósitos de entullos e identifican aos presuntos responsables tras localizar documentación entre os residuos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Unidade Territorial de Policía de Barrio de Lugo puxo en marcha un dispositivo de control e vixilancia na parroquia de Coeses tras as reiteradas queixas veciñais pola existencia dun vertedoiro ilegal na zona. O operativo, que se mantén activo todos os días da semana con patrullas en quendas de mañá, tarde e noite, xa permitiu detectar varias infraccións. Durante estas tarefas de vixilancia, os axentes localizaron en varias ocasións novos depósitos de residuos de obra. Parte destes materiais contiña documentación vinculada a empresas distribuidoras e destinatarios, o que permitiu iniciar unha investigación para identificar aos responsables do abandono dos entullos.

As actuacións derivarán na tramitación das correspondentes denuncias por unha presunta infracción da Lei de Residuos de Galicia. Nun comunicado, a Policía lembra que, segundo a normativa vixente, este tipo de feitos poden constituír unha infracción grave, sancionada con multas que oscilan entre 901 e 45.000 euros. No caso de tratarse de residuos perigosos, as sancións poderían elevarse ata cantidades comprendidas entre 9.001 e 300.000 euros.

A VIXILANCIA CONTINUARÁ

Dentro deste operativo, os axentes identificaron tamén ao condutor dun vehículo con remolque que depositara restos de poda doméstica no lugar. A Policía confirmou que a vixilancia continuará de forma prolongada, xa que a acumulación deste tipo de residuos pode provocar un importante impacto ambiental. Noutra actuación relacionada coa xestión de residuos, a Policía Local investigou o abandono dunha caldeira ou depósito de calefacción nunha zona verde do Polígono Industrial do Ceao, concretamente na rúa dos Carros, nas inmediacións do Punto Limpo. Tras as pescudas realizadas, os axentes lograron identificar a empresa á que pertencían os traballadores implicados e levantaron unha acta de denuncia por unha presunta infracción grave da Lei de Residuos de Galicia.

AUXILIO A UN OCTOXENARIO

Por outra banda, axentes da Policía Local auxiliaron a un home de 84 anos que sufrira unha caída no seu domicilio e non podía levantarse, nin sequera coa axuda da súa esposa, que solicitou asistencia a través do 092. Ata o lugar desprazouse unha patrulla da Policía de Barrio. O home explicou aos axentes que fora operado recentemente da espalda e que, aínda que non precisaba asistencia médica, non podía incorporarse por si mesmo. Os policías prestáronlle axuda para levantarse e comprobaron que se atopaba en bo estado, polo que a intervención finalizou sen necesidade de traslado sanitario.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...