InicioSociedadeComplicacións na montaña de Lugo pola neve e o xeo

Complicacións na montaña de Lugo pola neve e o xeo

A Deputación de Lugo limpa as estradas provinciais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo traballa desde este luns para facer fronte a un episodio de neve e xeo rexistrado en diferentes puntos da provincia, nos que se acumularon nas estradas provinciais entre cinco e oito centímetros de neve.

Segundo indicou a Deputación nun comunicado, os concellos máis afectados por este episodio son Folgoso do Courel, Samos, Pedrafita do Cebreiro e Cervantes, onde os servizos provinciais actúan de maneira intensa.

Desta forma, os traballos céntranse na limpeza das estradas provinciais e na aplicación de sal, co obxectivo de que na xornada do martes non se rexistren problemas de circulación e que o transporte escolar poida circular con normalidade. Actualmente, non hai ningunha estrada cortada, pero a institución provincial pide responsabilidade á cidadanía e que se realicen unicamente os desprazamentos necesarios, extremando as precaucións.

ÚLTIMAS

A Garda Civil apunta ao factor humano no accidente mortal da A-8 en Guitiriz

A Garda Civil de Tráfico fíxose cargo da investigación do accidente do pasado venres...

O PSdeG confía en que o goberno de Lugo aprobe os orzamentos tras a saída de María Reigosa

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, mostrou a súa confianza en que...

Once empresas optan ás obras do tramo final da autovía AG-22 entre Lugo e Sarria

A Xunta recibiu 11 ofertas de empresas para executar o último tramo da autovía...

O PPdeG pregunta ao alcalde de Lugo se consentirá o modelo de produtividade da Policía Local

O Grupo Municipal Popular pregúntalle ao alcalde de Lugo que opinión lle merece a...