InicioPolíticaLugo acusa á Xunta de ser a responsable de que haxa 618...

Lugo acusa á Xunta de ser a responsable de que haxa 618 persoas dependentes sen axuda no fogar

Pide que asuma o compromiso de pagar por este servizo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno local lucense defenderá no pleno deste mes unha proposición para reclamar á Xunta que “cumpra coa normativa vixente” e financie o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) conforme ao “custo real” deste servizo. Ademais, esixirá ao Goberno galego que dote “de inmediato” as horas necesarias para eliminar a lista de espera no municipio, “que a día de hoxe afecta a 618 persoas dependentes”.

Neste contexto, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) pactaron esta mesma semana unha subida gradual da achega autonómica ao SAF, pola que a parte autonómica ascenderá a 16 euros hora en 2026, 17 euros por hora en 2027 e 18 euros por hora en 2028.

“O acordo recoñece por fin a infrafinanciación, pero segue sendo insuficiente: a Xunta debe asumir o que marca a lei“, afirmou a concelleira de Cohesión Social, Olga López Racamonde, quen subliñou que, “mesmo co incremento os concellos seguirán cubrindo a diferenza ata superar os 21 euros por hora, que é o custo real no caso de Lugo”.

Ademais, indicou que o SAF de dependencia chega a finais de ano con 618 persoas en lista de espera; é dicir, “618 persoas ás que se lles recoñeceu un dereito pero non se lles presta o servizo. Isto é unha vulneración clara do sistema de atención á dependencia”, tal e como denunciou. Con todo, lembrou que “para evitar que os maiores queden desatendidos, vense obrigados a mobilizar recursos propios“. En concreto, detallou que o goberno local “inviste medio millón no SAF de libre concorrencia fronte aos 82.000 euros que achega a Xunta, e destina cada ano ao redor dun millón ao SAF de dependencia”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e...

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que...