InicioLugo e contornaLugoO BNG pedirá no Congreso melloras no servizo de Correos na comarca...

O BNG pedirá no Congreso melloras no servizo de Correos na comarca de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou novas iniciativas para reclamar ao Goberno central a mellora inmediata do servizo postal de Correos en todos os concellos da comarca de Lugo.  Así, o parlamentario nacionalista denunciou a “situación de deterioración que sofren, tanto na atención á cidadanía como nas condicións laborais do persoal”.

Por todo iso, instou ao Executivo estatal a garantir a prestación dun servizo de calidade á cidadanía, especialmente no rural.  Segundo detallou o BNG nunha nota de prensa, rexistrou esta iniciativa despois da reunión mantida por Néstor Rego co secretario nacional de CIG-Correos, John Vivanco, xunto aos portavoces e responsables locais do BNG nos distintos concellos da comarca de Lugo.

A falta de cobertura das prazas ou o aumento das áreas de repartición sen persoal asignado son elementos que provocan a perda de calidade dun servizo público esencial e afecta de maneira especial aos cidadáns das zonas con menor densidade de poboación, como é o caso de moitos dos Concellos do rural de Lugo”, sinalou Rego.

Por todo iso, reclamou a cobertura de todas as prazas vacantes por xubilacións ou baixas e medidas urxentes para asegurar a repartición e a atención no rural, sobre todo no relacionado coas notificacións e citas médicas, así como a ampliación dos horarios de atención ao público nas oficinas dos distintos concellos. Para Rego, “o abandono progresivo” de Correos responde a unha estratexia de “desmantelamento dos servizos públicos” e subliñou que o servizo postal “é clave para a cohesión territorial e a igualdade de dereitos”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...