InicioEconomíaO BNG esixe no Congreso o impulso "inmediato" da autovía A-56 entre...

O BNG esixe no Congreso o impulso “inmediato” da autovía A-56 entre Lugo e Ourense

O BNG denuncia o estado "deplorable" da N-540 e a parálise total dos tramos lucenses da A-56.n da A-56, que debe unir Lugo e Ourense.

PUBLICADA O

- Advertisement -

deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas para reclamar ao Goberno central que impulse de “maneira inmediata” a construción da autovía A-56, que debe unir Lugo e Ourense. Rego remarcou que se trata dunha infraestrutura estratéxica para vertebrar o interior de Galicia e fomentar o desenvolvemento económico de comarcas como A Ulloa, Chantada, Sarria ou Terra de Lemos. Segundo denunciaron os nacionalistas a través dun comunicado, esta vía leva planificada máis de 20 anos e os atrasos acumulados son xa “inxustificables”.

O BNG incidiu en que, na actualidade, a única conexión directa entre ambas as cidades é a N-540, unha estrada que se atopa nun “pésimo estado de conservación”. Aínda que o Executivo anunciou unha reforma integral desta nacional, Rego sinalou que os traballos aínda non finalizaron e moitas zonas seguen nun estado “deplorable”. Para o deputado nacionalista, resulta “inadmisible” que os tramos lucenses da autovía estean paralizados e sen prazos, mentres que en Ourense a maioría da obra segue atrapada en tramitacións indefinidas, coa única excepción da Variante Norte.

UNHA INFRAESTRUCTURA CLAVE PARA O INTERIOR

“O Goberno central debe explicar por que leva máis de dúas décadas sen executar unha infraestrutura clave e por que mantén este abandono especialmente grave na provincia de Lugo“, afirmou Rego. O BNG reclama que se axilicen os trámites e se dote de orzamento real a esta autovía para rematar coa situación de illamento que padecen as comarcas do interior de Galicia.

ÚLTIMAS

Lago Lage preside a primeira reunión da Xestora para recuperar a normalidade política en Lugo

A Comisión Xestora do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, constituída o pasado luns tras...

O PP esixe ao Goberno levar a fibra e o 5G a todo o rural lucense

O senador do PP lucense Manuel Balseiro defenderá este mércores na Comisión de Transformación...

Ratificada por Ferraz a lista para dirixir o PSOE da provincia de Lugo con Lago Lage á cabeza

o PSdeG-PSOE da provincia de Lugo recibiu de forma oficial a conformidade da dirección...

Luz verde a contratar as obras para desdobrar o tramo que concluirá a autovía que unirá Lugo e Sarria

O Goberno galego acordou, na súa reunión semanal, a aprobación da contratación por un...