InicioPolíticaSantos di que "morreu xente" debido á ausencia de hemodinámica no HULA

Santos di que “morreu xente” debido á ausencia de hemodinámica no HULA

O líder dos socialistas lucenses acusa o Partido Popular de tomar "unha decisión política arbitraria" ao respecto da hemodinámica, con "dramáticas consecuencias humanas"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral dos socialistas lucenses, Álvaro Santos, felicitou á cidadanía lucense pola consecución do servizo de hermodinámica 24 horas no HULA, e avisou de que “isto non pode quedar aquí”. A formación reclamará da Xunta de Galicia a información sobre os lucenses que morreron debido a problemas cardíacos no tempo que se demorou a ampliación do horario dende a inauguración do hospital de Lugo en 2011.

Santos afirmou que “morreu xente por non ter hemodinámica 24 horas”, un feito que debería de “pesar sobre a conciencia” dos líderes do Partido Popular. O líder do Partido Socialista na provincia criticou “unha posición política arbitraria” que, na súa opinión, “condenou aos lucenses a non ter a mesma asistencia sanitaria” ca o resto de galegos.

Non imos permitir o silencio sobre as dramáticas consecuencias humanas por retrasar esta decisión política durante dez anos”, dixo. Tamén acusou o presidente Alberto Núñez Feijóo de mentir cando afirmou, durante a inauguración do HULA, que os pacientes con eivas de corazón poderían ser atendidos na cidade de Lugo.

“Lugo gana ao PP”

Cargos orgánicos e executivos do PSdeG diante do Parlamento de Galicia para esixir un servizo de hemodinámica 24 horas no HULA de Lugo | PSdeG
Cargos orgánicos e executivos do PSdeG diante do Parlamento de Galicia para esixir un servizo de hemodinámica 24 horas no HULA de Lugo | PSdeG

Para Santos, a demora no servizo 24 horas de hemodinámica é consecuencia da redución de prestacións no hospital público de Lugo. O socialista reivindicou o papel do goberno bipartito, que modificou o proxecto inicial do HULA para introducir a hemodinámica en horario continuado, radioterapia ou medicina nuclear. A chegada dos conservadores á Xunta de Galicia conlevou “o recorte destes servizos e atrasar a apertura do hospital dous anos”.

Unicamente a implicación veciñal fixo posible que o Partido Popular “se vise na obriga de dar pequenos pasos, coincidindo coa proximidade de eleccións”. Lembrou o secretario xeral as “manifestacións máis multitudinarias da provincia”, así como a Iniciativa Lexislativa Popular “co maior respaldo na historia” no Parlamento de Galicia, con máis de catro mil sinaturas. Citou o caso do anuncio de apertura de hemodinámica ata as 15.00 horas e do servizo de radioterapia, nas portas das municipais de 2015.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...