InicioSociedadeRevés xudicial ao Concello de Lugo: o TSXG estima o recurso presentado...

Revés xudicial ao Concello de Lugo: o TSXG estima o recurso presentado por CC.OO. polos pregos do programa ‘Aprende Xogando’

A Xustiza detecta "carencias que poñen en risco os dereitos laborais" e obriga a refacer o procedemento, mentres CC.OO. celebra unha sentenza que "desmonta por completo" a actuación da Concellaría.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estima o recurso presentado por Comisiones Obreiras (CC.OO.) polos pregos da licitación do programa ‘Aprende Xogando’ do Concello de Lugo ao considerar que existen “omisións” no seu deseño que poderían ocasionar vulneración de dereitos laborais dos traballadores.

Na súa sentenza, o Alto tribunal galego estima integramente os recursos contencioso-administrativos do sindicato contra a resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia, declarándose nula de pleno dereito e ordenando a retroacción das actuacións ao momento anterior ao seu ditado para que o TACGAL resolva sobre o fondo do asunto tendo por lexitimado ao sindicato demandante.

Nun comunicado, CC.OO. subliña que a sala detecta nos pregos carencias que “fundadamente” poden vulnerar dereitos laborais, ao non fixar nin o cociente monitor/menores nin criterios de atención a nenos con necesidades educativas especiais, entre outros aspectos.

“O TSXG confirma o que levamos meses denunciando: os pregos eran un perigo para a calidade do servizo e para os dereitos laborais. A Concellaría tratou de tapalo impedindo o recurso e agora a xustiza pona no seu sitio”, reivindicou CC.OO., criticando o “diñeiro público malgastado” porque as costas as terá que pagar o Concello.

Para o sindicato, supón “un tirón de orellas contundente”, ao ser esta sentenza “unha desautorización total da Concellaría”. “Non só fixeron uns pregos deficientes, senón que gastaron diñeiro público en defender unha actuación irregular. Agora pagarán as consecuencias”, insistiu.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Asinado o convenio entre Deputación e concellos para asumir os custos das residencias provinciais

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinou este venres cos alcaldes un...

Preocupación do SLG polas dúas plantas de biogás previstas en Abadín

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) mostrou a súa inquietude ante o proxecto de...

CC.OO. acusa ao Goberno de Lugo de exercer un “feminismo de pancarta”

A Unión Comarcal de CC.OO. de Lugo acusou este venres ao goberno local de...