InicioLugo e contornaLugoLugo pide estudos arqueolóxicos no Barrio do Carme de cara a ordenación...

Lugo pide estudos arqueolóxicos no Barrio do Carme de cara a ordenación urbanística

Entre as actuacións solicitadas á Xunta, o Concello de Lugo sinala a continuidade das escavacións arqueolóxicas, a delimitación precisa do trazado do Camiño de Santiago e da Vía Romana XIX, e tamén a identificación dos inmobles que deben ser obxecto de catalogación pola súa relevancia cultural ou arquitectónica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo solicitou á Xunta que realice un estudo arqueolóxico no ámbito do PERI-6 do Barrio do Carme, unha das zonas de maior relevancia patrimonial na cidade e imprescindible para poder avanzar con garantías na súa ordenación urbanística.

Segundo detallou o Concello nun comunicado, o escrito remitido á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural subliña que este traballo é “imprescindible para dotar de seguridade xurídica” a intervención no barrio.

Ademais, o documento lembra que o actual plan xeral de ordenación de Lugo, aprobado pola propia Xunta en 2011, remitiu a ordenación detallada deste sector a un futuro Plan Especial.

Segundo o Concello, é un “espazo singular” situado nas inmediacións da muralla romana e con edificacións que “xa foron consideradas merecedoras de protección pola propia Administración autonómica ao denegar solicitudes de demolición”.

Así as cousas, o consistorio engadiu que, ao longo dos anos, realizáronse “varias escavacións con resultado de gran interese histórico” que “confirman a necesidade de completar a investigación arqueolóxica antes de definir novos desenvolvementos urbanísticos”.

ACTUACIÓNS SOLICITADAS

Entre as actuacións solicitadas á Xunta, o Concello de Lugo sinala a continuidade das escavacións arqueolóxicas, a delimitación precisa do trazado do Camiño de Santiago e da Vía Romana XIX, e tamén a identificación dos inmobles que deben ser obxecto de catalogación pola súa relevancia cultural ou arquitectónica.

A responsable da área de Urbanismo, Jorge Bustos, destacou que a Xunta “debe asumir as súas competencias e cumprir co que lle corresponde por lei”.

Segundo Bustos, para que o Barrio do Carme avance con garantías, é “imprescindible que se realice un estudo arqueolóxico rigoroso” para dar seguridade xurídica aos propietarios e promotores, ademais de “protexer e potenciar un patrimonio histórico único”.

+ posts

ÚLTIMAS

A edil non adscrita, María Reigosa, permite aprobar os orzamentos de Lugo co seu voto

O goberno local de Lugo logrou sacar adiante de forma definitiva os orzamentos para...

O PSdeG acusa á Xunta de “falta de planificación” ante a “deterioración” da Atención Pirmaria en Lugo

O PSdeG advertiu este xoves do progresivo empeoramento da atención primaria na provincia de...

O xulgado anula unha ordenanza do Concello de Outeiro de Rei que vulneraba o dereito do BNG a defender as súas emendas

A maxistrada da praza 1 da Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de...

O Plan Deputación prevé 300 actuacións e máis de 270 novos empregos nos 67 concellos

O goberno provincial de Lugo levará ao pleno ordinario do mes de marzo o...