InicioMedioambiente e PatrimonioO Sanatorio Portela de Lugo revive tras case tres décadas de espera

O Sanatorio Portela de Lugo revive tras case tres décadas de espera

O edificio, no catálogo de Patrimonio Cultural, agardaba dende a rehabilitación de 2017 a converterse en sede do Instituto Nacional de Estatística

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo preservará parte do seu patrimonio arquitectónico coa entrega do antigo Sanatorio Portela ao Instituto Nacional de Estatística (INE). O traspaso estaba previsto dende que en 2017 finalizara a rehabilitación do edificio, incluído no catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia. A institución aforrará case 100.000 euros anuais do alugueiro da actual sede provincial, asegurando un uso para este inmoble abandonado dende a década dos noventa.

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, foi a encargada de inaugurar oficialmente o renovado edificio. A licenza de primeira ocupación está pendente de  “pequenas obras na vía pública”, paso previo a comezar a nova actividade. O Sanatorio Portela é un vestixio da arquitectura de Alfredo Vila –referente canda a Eloy Maquieira do estilo racionalista– e foi erixido a finais da década dos corenta.

Subdelegación do Goberno

Rodríguez asegurou que o desbloqueo do traspaso foi posible polo traballo do Goberno, pois “levaba moito tempo atrancada”, atribuíndo a demora ao executivo saínte, e que presidía o popular Mariano Rajoy. O director en Lugo do INE, José Manuel Colmenero, avanzou que o edificio estará operativo “na contorna do verán”.

A sede centralizará no vello Sanatorio Portela os servizos con 31 traballadores, seguindo a política do INE de contar con edificios propios e prescindir dos alugueres. A adquisición, que mereceu unha investigación xudicial polas diferenzas na valoración do inmoble, levou aparellado un investimento de 2,4 millóns de euros para a rehabilitación.

O edificio (Avenida do Doutor García Portela, 1) conta con catro plantas, con arredor de 1.700 metros cadrados, un considerable incremento na superficie dispoñible para o INE. “Agora estamos nun edificio alugado que está ben situado, aínda que con pouco espazo para expandirse, e nese sentido gañamos moito”, explicou Colmenero. “Ponse en valor un edificio moi importante para Lugo, construído a mediados do século XX e que está catalogado no inventario do Patrimonio Cultural de Galicia”.

+ posts

ÚLTIMAS

Hospitalizadas dúas persoas tras unha colisión frontal entre unha furgoneta e un turismo en Vilalba

Dúas persoas tiveron que ser trasladas polos servizos sanitarios tras producirse unha colisión frontal...

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...