InicioSucesosDous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

Durante a operación, identificáronse distintas contas bancarias en entidades que operan neste país, unhas a nome dos presuntos estafadores e outras con identidades falsas, que utilizaban de maneira discrecional coas súas potenciais vítimas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron máis de 30.000 euros a unha empresa lucense a través de Internet.

Segundo trasladou o organismo nunha nota de prensa, tras a denuncia da empresa, a investigación comezou o pasado verán a través do equipo de delitos telemáticos da Garda Civil de Lugo, coa finalidade de identificar os presuntos autores e recuperar o importe defraudado.

Durante a operación, identificáronse distintas contas bancarias en entidades que operan neste país, unhas a nome dos presuntos estafadores e outras con identidades falsas, que utilizaban de maneira discrecional coas súas potenciais vítimas.

O diñeiro defraudado foi recuperado tras as xestións realizadas no últimos seis meses coas entidades bancarias, sendo o importe bloqueado e posto a disposición xudicial.

UTILIZARON O MÉTODO BEC

Tal e como avanzou a Garda Civil, na estafa utilizaron o método business e-mail compromise (B.E.C), un tipo de ciberataque no que os atacantes se fan pasar por persoas de confianza dentro dunha organización para enganar aos empregados e facer que realicen transferencias de diñeiro ou revelen información confidencial.

Neste contexto, a Garda Civil lembrou que “é fundamental a rapidez en realizar as primeiras xestións e a urxencia de interpor unha denuncia o máis axiña posible”. Por iso, subliñou que en caso de sospeitar ser vítima dalgúns feitos similar, contáctese con eles.

Tamén recomendou que ademais de tentar dispor de sistemas de protección informáticos adecuados realícense xestións en caso de “a máis mínima dúbida” antes de proceder a realizar ningún pago.

+ posts

ÚLTIMAS

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...

A CHMS comeza a repoboación forestal en tramos de ríos da provincia de Lugo

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición...