InicioSucesosDetido en Lugo tras ameazar cun coitelo a varios menores

Detido en Lugo tras ameazar cun coitelo a varios menores

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron nas últimas horas a un home, investigado por un suposto delito de ameazas graves, tras esgrimir unha arma branca ante varios menores.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na Avenida de Madrid, onde acudiron dotacións do 092 tras ser alertadas da presenza dun home que estaba a ameazar cun coitelo a varios menores.

Os axentes lograron localizar ao sospeitoso, que escondía o coitelo baixo a súa chaqueta e que, ao decatarse da presenza dos policías, tratou de desfacerse del. O coitelo, de 22 centímetros, foi recuperado polos funcionarios, que se entrevistaron cos menores. Os mozos relatáronlles que foran ameazados polo sospeitoso e achegaron vídeos con gravacións do sucedido. O detido foi posto a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...

Carmela López e Miguel Fernández examinan as obras en Adolfo Suárez “acceso esencial para a intermodal”

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...