InicioSociedadeLugo é a provincia galega que denuncia menos neglixencias médicas

Lugo é a provincia galega que denuncia menos neglixencias médicas

A provincia de Lugo mantén o número máis baixo de denuncias por neglixencia nun contexto de aumento nas reclamacións e das listas de espera

PUBLICADA O

- Advertisement -

A memoria da Asociación O Defensor do Paciente sitúa a Lugo como a provincia galega con menos casos denunciados por neglixencia médica. Durante o 2018, houbo un total de 651 situacións de deixamento no Servizo Galego de Saúde (Sergas), dos que unicamente 30 se produciron nos centros hospitalarios lucenses. Este dato queda rexistrado nun período de aumento das neglixencias e as listas de espera.

Os hospitais galegos máis denunciados, segundo expón O Defensor do Paciente, son os Chuac, Chuvi, CHUS, CHOP e CHOU. As reclamacións, especialidades e servizos máis denunciados, como recolle GaliciaConfidencial, están vencelladas ás “urxencias, lista de espera, cirurxía xeral, traumatoloxía e xinecología e obstetricia”.

Así, o informe salienta as 276 neglixencias denunciadas na Coruña, próxima ás 274 rexistradas en Pontevedra, e lonxe das 71 de Ourense e as 30 de Lugo.

Consulte os aumentos nas listas de espera e a crise nos recursos humanos do Sergas no GaliciaConfidencial

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...