InicioLugo e contornaLugoO veto a dúas edilas do PP na Milagrosa provoca a escisión...

O veto a dúas edilas do PP na Milagrosa provoca a escisión na Federación Veciñal ‘Lucus Augusti’

As asociacións que se deron de baixa advertiron de que este tipo de entidades deben ser "espazos de encontro, diálogo e construción común" e o seu traballo non pode nin debe "supeditarse a intereses políticos nin á exclusión de quen pensa distinto"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Máis dunha ducia de asociacións de veciños formalizaron este martes a súa baixa da Federación Veciñal ‘Lucus Augusti’ da cidade amuralla pola súa “deriva excluínte” e sinalaron o incidente ocorrido o pasado venres, cando dúas concelleiras do PP foron vetadas no acto de apertura da feira de produtos do campo e artesanía celebrada na Milagrosa, como o último exemplo “grave” desa deriva.

A través dun comunicado, informaron de que 14 asociacións (Nova Lúa, Garaballa Ou Ceao, Piringalla, Castiñeiro Abella Pontenova, Lugo Norte Ponte Romay As Gándaras, Aira Bela Ferramulín, Entre Carrís, Piñeiro Rancho Grande, San Xosé Polvoreira As Gándaras, Peizal Outeiro Pedreda, O Tres Muíños de Bascuas, Toxo Longo San Salvador de Outeiro e o Motoclub Cidade Norte Piringalla) danse de baixa da Federación despois de “moitos feitos anteriores”.

“Pero o que nos fixo dar o paso definitivo foi por mor dos feitos ocorridos recentemente, nos que se impediu a participación de concelleiras do PP nun acto público celebrado o pasado 24 de maio no barrio da Milagrosa, un veto sen precedentes exercido desde a dirección da Federación”, engadiron.

As asociacións que se deron de baixa advertiron de que este tipo de entidades deben ser “espazos de encontro, diálogo e construción común” e o seu traballo non pode nin debe “supeditarse a intereses políticos nin á exclusión de quen pensa distinto”.

Por iso, ante a deriva ” excluínte” da actual dirección da Federación, decidiron romper formalmente a súa vinculación con ese órgano, ao entender que “xa non representa os valores” cos que se identifican.

Ademais, lamentaron que a Federación, tras o ocorrido na Milagrosa, non reaccionou nin emitiu unha condena pública e tampouco fixo autocrítica. Igualmente, tacharon de “decepcionante” o “silencio institucional”, que “é unha forma de complicidade que contribúe a normalizar comportamentos excluíntes”.

Finalmente, estas 14 asociacións matizaron que, con todo, seguirán traballando “desde a liberdade, o respecto e a defensa dos intereses dos veciños”, e tendendo a man ás administracións e representantes públicos “sexan do signo político que sexan”, porque o diálogo e a colaboración son “a única vía posible para mellorar barrios e parroquias”.

Nas últimas horas, o PP de Lugo anunciou que levará o ocorrido o venres pasado ante a Valedora do Pobo, en defensa dos dereitos políticos e institucionais das edilas Mar Carballas e Flor Rubinos.

Ademais, os ‘populares’ denunciaron o “silencio cómplice” do PSOE e o seu “inacción”, así como a do BNG, con quen goberna en coalición no Concello.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...