InicioLugo e contornaLugoDetidos dous homes en Lugo por tráfico de drogas nunha vivenda da...

Detidos dous homes en Lugo por tráfico de drogas nunha vivenda da Milagrosa

Durante o desenvolvemento do operativo intervéñense un total de 150 gramos de cocaína, distribuídos en papelinas preparadas para a súa venda final e consumo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo este pasado mércores en Lugo por tráfico de drogas a dous homes que vendían estupefacientes nunha vivenda situada no barrio da Milagrosa.

Nun comunicado, dito corpo de seguridade informa de que a investigación comezou tras varias comunicacións de asociacións de veciños e comerciantes que observaban unha actividade “inusual” nunha determinada vivenda.

Así, empezaron as pescudas policiais para determinar os feitos, culminando coa detención de dous homes e o rexistro da vivenda onde se realizaban a maioría dos contactos para a venda das drogas.

Durante o desenvolvemento do operativo intervéñense un total de 150 gramos de cocaína, distribuídos en papelinas preparadas para a súa venda final e consumo. Tamén foron intervidos 300 gramos de sustancias de corte e diferentes útiles para a preparación das sustancias estupefacientes (muíños, básculas) xunto con máis de 300 euros. Os detidos foron postos a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...