InicioSociedadeUnha muller agride a un axente en Lugo tras saír da vía...

Unha muller agride a un axente en Lugo tras saír da vía o vehículo no que viaxaba de acompañante

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo detivo a unha muller por agredir a un axente despois de que o vehículo no que viaxaba de copiloto saísese da vía e o condutor dese positivo en alcoholemia. Tal e como informou a Policía, os feitos sucederon nas proximidades do cemiterio da capital lucense. Mentres os axentes de Atestados ealizaban as probas correspondentes ao condutor, a acompañante comezou a “interferir activamente no labor policial”, proferindo insultos e desobedecendo os requirimentos.

A continuación, a muller agrediu a un dos axentes, dándolle golpes e patadas, o que motivou a súa detención e posterior traslado a dependencias policiais.

INSULTOS DURANTE UNHA PROBA DE ALCOHOLEMIA

Así mesmo, noutro control na rúa Montero Ríos, unha muller que tamén viaxaba de copiloto comezou a gritar e insultar aos axentes da Unidade de Atestados. Tras pedirlle que se identificase, a implicada afirmou que non levaba encima a documentación, polo que foi trasladada a dependencias policiais para a súa filiación.

Por estes feitos, os axentes formularon denuncia por desobediencia, faltas de respecto e obstaculización do labor policial, o que podería carrexar sancións de ata 600 euros por desobediencia ou falta de respecto e de ata 30.000 euros por obstaculizar a actuación da policía no exercicio das súas funcións.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...