InicioSucesosUn condutor dá positivo en alcol logo de chocar contra catro vehículos...

Un condutor dá positivo en alcol logo de chocar contra catro vehículos aparcados en Lugo

Ademais, o mesmo condutor estaba usando o móbil no momento dos feitos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un condutor dun coche chocou contra catro vehículos aparcados en Lugo mentres empregaba o seu teléfono móbil durante o manexo, feito que a Policía Local investiga agora como presunta causa do accidente, ocorrido o pasado fin de semana. Ademais, o individuo deu 0,49 e 0,47 mg/l na proba de alcoholemia realizada.

Segundo trasladou o corpo policial, o condutor do turismo, de alta gama, admitiu perder a atención ao volante por manipular o seu dispositivo, o que provocou o desprazamento lateral do seu coche que impactou contra os vehículos estacionados.

Ademais, os resultados da proba de alcoholemia ás que foi sometido posteriormente xustifican a instrución de dilixencias como investigado non detido por un presunto delito contra a seguridade viaria.

Este procedemento está xustificado en casos de accidentes de tráfico con resultado de danos e unha taxa de alcol en aire expirado igual ou superior a 0,40 mg/l, onde pode apreciarse que a taxa do alcol na condución ten como resultado un accidente.

As autoridades subliñan no seu comunicado que mesmo con taxas de alcoholemia que non superan o limiar penal de 0,60 mg/l, se se produce un accidente, os axentes poden considerar que o alcol influíu na condución, coas correspondentes consecuencias penais.

ALCOL

Durante o fin de semana, a Policía Local de Lugo tramitou un total de oito denuncias por conducir cunha taxa de alcol entre 0,30 e 0,47 mg/l, sancionadas con 500 euros e a retirada de catro puntos do carné. Ademas, rexistrouse un caso cunha taxa superior a 0,50 mg/l (0,57 mg/l), cunha sanción de 1.000 euros e a perda de seis puntos.

Así mesmo, realizáronse dúas intervencións por presenza de drogas no organismo, con resultados positivos en sustancias como cocaína, metanfetamina, opiáceos e anfetaminas, con sancións de 1.000 euros e retirada de seis puntos por cada caso.

Nunha das intervencións, o condutor implicado deu positivo simultaneamente en tres tipos de drogas diferentes: cocaína, opiáceos e anfetaminas. A Policía Local cualifica esta como “unha combinación altamente perigosa que compromete gravemente a súa capacidade de condución”.

Por outra banda, practicouse a proba de alcoholemia a un ciclista que circulaba pola cidade e que deu 0,47 e 0,49 mg/l de alcol en aire expirado, o que supón unha infracción administrativa conforme á normativa de tráfico vixente.

Tal e como lembrou a Policía, os condutores de bicicletas e vehículos de mobilidade persoal (VMP), do mesmo xeito que calquera outro condutor dun vehículo, están obrigados legalmente a someterse ás probas de alcol e drogas cando así o requiran os axentes da autoridade.

OUTROS AUXILIOS

Entre outras intervencións asistenciais realizadas por axentes locais durante este fin de semana, atendeuse a unha muller con convulsións dentro dun vehículo, que unha patrulla localizou ao detectar un turismo detido coas luces de emerxencia activadas e a alarma soando de forma intermitente.

Tras comprobar que a afectada non podía abrir a porta polos seus propios medios, e ante a gravidade da situación, os axentes romperon o vidro do condutor para acceder e prestarlle axuda inmediata.

En paralelo, solicitouse asistencia sanitaria urxente e a muller foi trasladada ao Hospital Universitario Lucus Augusti por unha ambulancia medicalizada. Os axentes encargáronse tamén de asegurar o vehículo e as pertenzas persoais da afectada.

Así mesmo, noutro servizo, os axentes acudiron a un domicilio onde un home con mobilidade reducida caera ao chan e a súa esposa, que se atopaba soa, non o podía axudar a incorporarse. Tras valorar a situación e comprobar que o home non presentaba lesións, os axentes procederon a asistilo de forma segura e lograron sentalo novamente na súa cadeira de rodas.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...