InicioPolíticaOlga Louzao, exlíder de Ciudadanos en Galicia, xefa de gabinete do alcalde...

Olga Louzao, exlíder de Ciudadanos en Galicia, xefa de gabinete do alcalde de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Lugo, o socialista Miguel Fernández, anunciou este martes a incorporación de Olga Louzao, exconcelleira de Ciudadanos na cidade e exlíder do mesmo partido en Galicia, como a súa nova xefa de gabinete.

“Nesta etapa á fronte da Alcaldía, quero formar un equipo no que primeiro a capacidade de traballo, a visión de futuro e, como non, o amor por Lugo. Por iso quérome rodear dos mellores”, explica o rexedor socialista, nunhas declaracións remitidas a medios de comunicación.

Así, Fernández dise “moi satisfeito” de anunciar a incorporación de Louzao como a súa xefa de gabinete: “Unha persoa capaz, unha persoa preparada, rigorosa, cunha traxectoria impecable e moi respectada por todos dentro e fóra do Concello”.

Olga Louzao dirixiu Ciudadanos en Galicia en dúas etapas. A primeira, ata xullo de 2019, cando renunciou para centrarse no seu labor municipal tras ser elixida concelleira; e unha segunda, a partir de agosto de 2022, en substitución de Beatriz Piñeiro. Foi candidata á Alcaldía de Lugo polo partido laranxa en 2015 e 2019, e en ambas as ocasións conseguiu dous concelleiros.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...