InicioPolíticaJosé Tomé postúlase para revalidar a Secretaría Xeral do PSOE na provincia...

José Tomé postúlase para revalidar a Secretaría Xeral do PSOE na provincia de Lugo

O actual presidente da Deputación dá un paso á fronte e avoga por reforzar as agrupacións locais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O actual presidente da Deputación de Lugo e tamén alcalde de Monforte, José Tomé Roca, postulouse para revalidar o seu cargo á fronte da Secretaría Xeral do PSOE na provincia de Lugo no proceso de primarias que a formación abriu para renovar a súa estrutura.

José Tomé presentou a súa precandidatura ás primarias trasladando o seu “compromiso cun partido forte, unido e centrado en defender os intereses da provincia fronte a un Partido Popular que só mira polos seus propios intereses, esquecendo as necesidades da xente”. O socialista asegurou afrontar esta nova etapa “coa ilusión de seguir fortalecendo o proxecto socialista” e comprometeuse a escoitar á militancia e responder as necesidades de todos os sectores produtivos e sociais “que fan de Lugo unha terra con futuro”.

Tomé puxo en valor a unidade e a fortaleza do partido como claves “para garantir un mellor posicionamento na defensa dos servizos públicos, do benestar da cidadanía e do desenvolvemento económico da provincia”. Entre os seus obxectivos para unha nova etapa figura en primeiro lugar manter e ampliar as alcaldías socialistas, recuperar as perdidas e renovar o Goberno da Deputación. Todo iso como un primeiro paso para “conseguir un cambio real na Xunta de Galicia e garantir a continuidade dun goberno progresista en España que poña ás persoas no centro da política”.

Ademais, avanzou a súa intención de reforzar as agrupacións locais, dotalas dos recursos necesarios e darlles máis protagonismo, dándolles un maior peso dos asuntos comarcais e provinciais dentro da Executiva socialista, “apostando pola participación, a coordinación e a acción política efectiva”.

PROCESO INTERNO

O calendario aprobado polos socialistas lucenses para levar a cabo a renovación da súa estrutura orgánica prevé que os socialistas interesados en presentarse ás primarias á Secretaría Xeral poidan facelo ata o venres, día 28 de marzo. Ademais, a formación fixou para o 27 de abril a primeira volta das primarias se finalmente houbese máis dun candidato no marco dunha renovación que culminará coa celebración do congreso provincial o sábado día 10 de maio.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

Plataforma cidadá contra unha posible moción de censura en Lugo

A posibilidade de que o Partido Popular impulse unha moción de censura en Lugo...

O Goberno de Lugo acusa a Candia de perseguir “os seus intereses persoais” coa moción

A portavoz do PSOE no Goberno local de Lugo, Ana González Abelleira, cualificou de...