InicioSucesosCatro detidos en Lugo por permisos de asilo fraudulentos: o suposto falsificador...

Catro detidos en Lugo por permisos de asilo fraudulentos: o suposto falsificador e tres persoas que os usaban

Catro persoas foron detidas na provincia de Lugo como autoras dun delito de falsificación de documento público, en concreto permisos de asilo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Catro persoas foron detidas na provincia de Lugo como autoras dun delito de falsificación de documento público, en concreto permisos de asilo. Segundo informa a Policía Nacional, un empresario acudiu ás dependencias policiais para denunciar que contratara a un traballador cuxos datos do alta laboral non eran verdadeiros, como lle fixeron saber desde o Instituto Nacional da Seguridade Social.

Unha vez coñecidos estes feitos por parte da Brigada de Estranxeiría de Lugo, púxose en marcha a investigación que levou ás correspondentes detencións. Ademais deste traballador contratado polo empresario hostaleiro, detívose a outras dúas persoas que achegaran un documento de asilo que daba dereito a traballar durante seis meses e que non lles correspondía.

Estes documentos serían falsificados por outra persoa, que os realizaba e vendía por “cantidades elevadas”. A detención levou a cabo por parte da Brigada Provincial de Estranxeiría.

+ posts

ÚLTIMAS

O Lugo Music Festival ’26 reúne en Lugo música e talento de diferentes estilos e países

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello á organización...

Incendio forestal na parroquia de Bóveda, preto da cidade de Lugo

Un helicóptero e dous avións participan desde esta tarde na extinción dun incendio forestal...

Lugo garante as ratios de atención no programa Aprende Xogando

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, comunicou a representantes de CC.OO. que o programa...

Nova edición do “Festival dos Eidos” os días 29 e 30 de agosto apoiado pola Vicepresidencia da Deputación

Este mediodía presentouse no Pazo de San Marcos o festival dos Eidos, promovido pola...