InicioMovementos sociaisOs pensionistas de Lugo, protagonistas do prime time televisivo

Os pensionistas de Lugo, protagonistas do prime time televisivo

A manifestación de AJYPEL polo centro de Lugo desafía a friaxe e recolle o testemuño dos pensionistas de Bilbao

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cidade de Lugo concentra varios dos colectivos de pensionistas máis activos do Estado. Desta vez, o protagonismo recaeu na Asociación Jubilados y Pensionistas de Lugo (AJYPEL), que reuniu a duascentas persoas polo perímetro da Muralla, cun horario pouco habitual nas concentracións deste colectivo que mitigou as dificultades dun luns especialmente frío.

A encomiable comparecencia dos manifestantes valeu a aparición en directo na emisora estatal La Sexta, no remate do programa do serán e durante o informativo da noite. Emulaban deste xeito o golpe de efecto dos pensionistas de Bilbao, líderes dende hai un ano, e cada luns, dunha reivindicación que non decae malia o cambio na política do Goberno.

Non só xubilados

Pensionistas en Bilbao na mañá do luns 7 | Ecuador Etxea
Pensionistas en Bilbao na mañá do luns 7 | Ecuador Etxea

As miras dos pensionistas de Bilbao están na prestación mínima de 1080 euros e a blindaxe constitucional deste dereito. As reivindicacións no caso da manifestación de Lugo son algo máis modestas, e acadan maior transversalidade. Entre as aspiracións recollidas por AJYPEL, melloras na sanidade, axudas na enerxía e ampliación das residencias da terceira idade.

Concretamente, os pensionistas de Lugo esixen a recuperación dos medicamentos retirados na sanidade galega, así como a cobertura no Sergas dos tratamentos auditivos, bucais e ópticos; e no que atinxe ás pensións, inclusión das non contributivas nos Orzamentos Xerais do Estado, exención do Imposto sobre a Renda, garantir as actualizacións con respecto ao aumento real dos prezos, e ter representación directa nos órganos lexislativos.

A manifestación de AJYPEL partiu do Concello por Bispo Aguirre, percorreu a Ronda ata a porta do Bispo Odoario, e rematou na Subdelegación do Goberno en Lugo. No edificio gubernamental repartiron documentos con estas reivindicacións, como remate a unha manifestación “libre de presións políticas e sindicais, sen bandeiras”.

Os lucenses, á cola en pensións

Asociación de Jubilados de Lugo

Os pensionistas de Lugo senguen a ser dos que menos cobran do Estado, con 723 euros de prestación media, o que supón case 100 euros menos que a pensión media de Galicia e máis de 200 euros con respecto a pensión media española.

Así, os lucenses unicamente superan aos pensionistas de Ourense, que teñen un ingreso de 702 euros, mais seguen por debaixo da media de Estremadura, a comunidade coa pensión máis reducida, de 798 euros.

ÚLTIMAS

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...

A 173 km/hora onde só se permite 80: un condutor é investigado en Lugo por exceso de velocidade

A Garda Civil investiga ao condutor dunha moto, de 45 anos de idade, por...

Morre un motorista tras chocar contra o peche dunha leira en Castro de Rei

Un motorista de 66 anos, JMCF, faleceu este mércores ao sufrir unha saída de...

Lugo medirá o ruído ambiente en tempo real durante o San Froilán

A xunta de goberno do Concello de Lugo autorizou este mércores a adquisición dun...