InicioPolíticaO PP avanza unha ofensiva institucional contra a "desaparición" de Lugo do...

O PP avanza unha ofensiva institucional contra a “desaparición” de Lugo do mapa do Corredor Atlántico

Ameijide e Candia afirman que a provincia non aparece nos plans ata 2030 en materia de alta velocidade, mercadorías nin autovías.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta do Partido Popular na provincia de Lugo, Elena Candia, avanzou unha ofensiva institucional para protestar contra a “desaparición de Lugo do mapa do Corredor Atlántico para o horizonte 2030”. Elena Candia e o portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, avanzaron o Plan Director do Corredor Atlántico para Galicia presentado recentemente polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable.

Así, anunciaron unha ofensiva en distintas institucións para reclamar ao Goberno de España un novo Plan Director “para evitar o illamento da provincia de Lugo e, desta forma, garantir a conexión coa alta velocidade e investimentos en infraestruturas“. A primeira delas será no próximo pleno da Deputación de Lugo, que terá lugar a próxima semana. Candia vinculou estas peticións coa visita do Delegado do Goberno, na que asegurou que “o Goberno converterá a Galicia no nó da mobilidade do noroeste, sendo coñecedores deste Plan Director”.

Pediu, por tanto, unha rectificación deste plan para que non “sexan cómplices do abandono” e que, “por primeira vez, antepoñan Lugo aos intereses do proxecto político no que militan”. Afirmou tamén que a intermodal é un proxecto que uniu a varias institucións “pero non estará completo se os trens de pasaxeiros e mercadorías non paran nesta estación”. Ameijide explicou que o Corredor Atlántico é unha das dúas infraestruturas multimodais na península de servizo de viaxeiros e mercadorías, xunto ao Corredor do Mediterráneo, que forman parte dos 9 corredores da rede única europea, “estratéxica para o desenvolvemento loxístico e a conexión de nós urbanos”.

E condenou que “nin sequera sae o nome de Lugo no mapa”. “É a única provincia da contorna que queda fóra de todo, sen autovías, sen transporte de mercadorías e sen alta velocidade”, engadiu. “Xa sabiamos que Lugo non forma parte dos plans de Sánchez”, aseverou Ameijide, antes de incidir en que “este abandono” supón que Lugo queda “descolgado da conectividade e do desenvolvemento económico” porque “no futuro da mobilidade e das mercadorías, Lugo non está”. Ameijide explicou que o trazado actual da liña Ourense – Lugo non permite alcanzar o 160 km/h de media establecidos para os trens de viaxeiros, senón que esa é a velocidade máxima punta en escasos tramos da rede na provincia” e o Goberno de España non contempla a execución das variantes dos Peares-Canabal nin Rubián, “imprescindibles para reducir os tempos de viaxe”.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo destaca que o Arde Lucus consolida á cidade como “referente turístico”

A edil de Cultura, Turismo e Promoción de Lingua do Concello de Lugo, Maite...

Condenado a 26 anos de cárcere o home que asasinou a Cristina Cabo no seu domicilio de Lugo

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou, en base ao veredicto do tribunal do...

A Deputación de Lugo aproba o patrocinio dunha etapa da Vuelta a España, do Caudal Fest e melloras no Museo Provincial

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres dúas actuacións promocionais e unha importante...

A licitación de Adif na liña entre Monforte e Lugo, entre as obras investigadas pola UCO

A Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil sostén que os contratos de obra...